miércoles, 13 de marzo de 2013

SORPRENDENTEST DE... MARÍA CLARA SANTIAGO

Por fin desvelamos o Sorprendentest desta semana; parece que algúns tiñades moi claro de quen se trataba pero outros estabades algo despistados.
Aquí tedes as respostas e o autorretrato de María Clara, unha das nenas máis alegres e divertidas do colexio. Desfrutádeo, porque é moi interesante!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
O meu irmán.

2. Cal é o teu libro favorito?
Harry Potter.

3. Agora estás a ler...
Geronimo Stilton.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Os tres porquiños, porque é moi divertido.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaría o final do conto Os tres porquiños.
Gustaríame que os porquiños lle deran unha malleira ao lobo.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
- É bo ler porque así podes practicar a túa lectura.
- Ler é como ter a televisión na cabeza, só que lendo.


A pista para o próximo o Sorprendentest é:
 
53 9u3r35 5483r d3 9u3n 53 7r474 d383s d35c1fr4r 3574 m3n54x3.
0 n0m3 9u3 8u5c45 3 4dr14n.

7 comentarios:

  1. Me gusta mucho el consejo de la tele. Yo ya sé a quien le toca la próxima semana por la última palabra del mensaje secreto el resto del mensaje aún no fui capaz de descifrarlo voy a intentarlo otra vez XD !!!

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Mariña!
    Espero que che gustara a pista.
    Xa teño unha nova idea para a vindeira semana!
    Grazaaaaaaaas polos teus comentarios.
    Sorpresiña.

    ResponderEliminar
  3. Xenial! Garda o segredo.
    Se te animas, podes deixarme algunha suxerencia para facer as pistas dos próximos Sorprendentests.
    Ata pronto!
    Sorpresiña.

    ResponderEliminar
  4. Moi ben! Vai entrenando a mente para a vindeira semana porque penso poñelo un pouco máis difícil!
    Espérote!
    Sorpresiña.

    ResponderEliminar