jueves, 21 de marzo de 2013

NOVA SECCIÓN: PALABRAS CON ENCANTO

Ola a tod@s! Hoxe tráivos unha nova sección para o blog.
Xa sabedes que este ano o Equipo de Normalización Lingüística está a realizar unha actividade moi interesante chamada "PALABRAS CON ENCANTO".
É unha proposta para facer na casa, de xeito totalmente voluntario, que ten como obxectivos fomentar o emprego do galego e ampliar o vocabulario nesta lingua.
Só tedes que escribir a definición da palabra correspondente, facer un debuxo e entregarllo ás profes: María, Sofía, Flora ou Mercedes.
E... como podedes enterarvos da palabra que hai que definir? Pois dun xeito moi sinxelo. Tedes 3 posibilidades:

                           1.  A través dunha nota informativa que levaredes para casa.
                           2.  Mirando no mural da entrada.
                           3.  Entrando no blog.

Polo de agora xa coñecedes 2 palabras:

AXÓUXERE e BOTELO

Estade atentos, porque no momento menos pensado sae a terceira palabra!

Déixovos dúas fotos cos vosos traballos. Pouco a poco irei engadindo outras novas.













 Non esquezades que todos os participantes recibiredes un pequeno agasallo!
ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario