lunes, 18 de marzo de 2013

NOTICIA: FOTOS E VÍDEOS DÍA DE ROSALÍA

Ola de novo:

Lembrades o día das Letras Galegas do curso pasado? Xaquín Xesteira, membro fundador dos grupos de música "Treixadura Gaiteiros" e "Os Faíscas", ofreceunos un fantástico concerto didáctico sobre algúns dos instrumentos tradicionais galegos.

Este ano, xunto ao seu grupo "Os Faíscas", realizou unha homenaxe a Rosalía de Castro no Día da Poesía.

Se queredes ver os seus vídeos e as fotos do cole, que quedarán como recordo deste día, só tedes que entrar no blog en Conmemoracións - Día de Rosalía. Aquí atoparades os vídeos e o enlace para ver ou decargar as fotos.

Ata pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario