miércoles, 22 de junio de 2022

Festa FIn de Curso

Un ano máis chegamos ao final do curso, día de despedidas e de emocións. Este ano queremos dar as grazas a nosa ANPA , A ROMAÍÑA, pola gran festa de despedida que organizou hoxe para todo o alumnado con obradoiros, xogos, bailes, hinchables, merenda, larpeiradas e …. moita diversión . Esta festa ė o remate dun ano de gran traballo  e de colaboración en moitas das celebracións  do colexio. Bo verán para toda a comunidade educativa e ……vémonos en setembro!