martes, 19 de febrero de 2019

Booktubers

Ola  a todos! Temos xa unha nova recomendación lectora dos nosos booktubers! Esperamos que vos animedes a coller este libro na biblioteca, se non o atopas , pregúntalle  aos voluntarios da Biblio.




Radio na biblio

Ola a todos e todas! Xa sabedes que este ano fumos elixidos para formar parte dos centros que teñen  Radio na Biblio. Dentro deste programa,  os alumnos de quinto e sexto disfrutaron dun obradoiro de radio cos amigos de Ponte nas Ondas. Aprenderon a modular a voz, como editar son , a manexar a mesa de mezclas... foi unha xornada moi intensa e , pola tarde..... foron os mestres os que se convirtieron  en alumnos para aprender todo sobre a radio!















lunes, 11 de febrero de 2019

Voluntarias da biblio

Este ano, continuamos co programa de nais axudantes da biblioteca: os mércores de 9.30 a 12.00 veñen a axudar co traballo de ordenar, clasificar, etiquetar... Moitas grazas a todas!






domingo, 10 de febrero de 2019

Sorpresiña coñece a Pinga: O sabor da Aventura está no Mar

Estamos con moitas actividades relacionadas co PDI deste ano , que como sabedes ten como tema o mar, ríos, encoros, a auga.... Para coñecer de cerca o marisqueo, a lonxa e probar algúns produtos do mar fumos á Illa de Arousa o 7 e 8 de febreiro. Mirade o vídeo para saber máis da nosa visita.








BOOKS!

Ola a todos, aquí tedes un novo libro que podedes coller na biblioteca! Este, ten a traducción en galego. Temos toda a colección de libros bilingües galego-inglés. Achégate a biblio e poderás escoller o que máis te guste! You can borrow this book from our library!




Contacontos

Os máis pequenos do cole tiveron unha sesión de contacontos. " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas " foi todo un éxito. 



Tamén tivemos as nais de 2º de primaria que viñeron compartir connosco os seus contos. Moitas grazas!




Plan Director

Dentro das actividades do Plan Director en colaboración coa Garda Civil tivemos unha sesión sobre os riscos en Internet e nas Redes Sociais para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Proximamente, o día 19 de febreiro ás 18 horas,  haberá unha nova cita sobre a mesma temática para os pais e nais que o desexen.






Teatro Burbullas de Paz

O martes 5 de febreiro, o alumnado de Infantil asistiu a unha obra de teatro en Pontevedra,  gustoulles tanto que queren repetir! No vídeo podedes  ver un  anaquiño desta obra 😍😍😍.



Visita Ledicia Costas

O xoves 31 de xaneiro tivemos a honra de que a escritora Ledicia Costas visitara a nosa biblioteca. Foi unha xornada para recordar: contounos como comezou a súa carreira como escritora , anécdotas que lle pasan cos seus lectores... e tivo unha sesión especial cos nenos e nenas do Club de Lectura, Os Superlectores, que van ler ,este trimestre, unha obra súa :A señorita Bubble, os de 3º e 4º de Primaria e A balada dos Unicornios, os de 5º e 6º. Tamén tivemos a sorte de que nos dedicou un exemplar de cada libro para a biblioteca e nos deixou unha dedicatoria para cada clase. Grazas Ledicia!