miércoles, 27 de marzo de 2013

SORPRENDENTEST DE... JONATHAN PADÍN

Para adiviñar o nome do protagonista do Sorprendentest só tiñades que cambiar os números polas letras correspondentes do abecedario.
Jonathan Padín, un dos nenos máis futboleiros do cole, contestounos esta semana ás preguntas do test. Non deixedes de ler as súas respostas!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Cristina.

2. Cal é o teu libro favorito?
El diario de Greg.

3. Agora estás a ler...
El pequeño Otto ha desaparecido.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Mortadelo e Filemón, porque fan moitas cousas divertidas.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaríalle os nomes aos personaxes de Harry Potter.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Hai que ler moito.


Para o próximo Sorprendentest non precisades máis pistas. Xa está todo aclarado!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario