lunes, 31 de enero de 2022

Adiviña os títulos.

 Ola, moi bo día!

Que tal levades a volta da fin de semana?

Deixamos por aquí outro xogo, a ver se adiviñades as seguintes películas. Son bastante sinxelas... 

Moito ánimo e moita sorte a todos e todas!


Un saúdo.




viernes, 28 de enero de 2022

Booktubers

 Ola! Esta semana a compañeira Mia, de sexto, recoméndanos o seguimte libro. Estade moi atentos/as.



jueves, 27 de enero de 2022

Que libro será?

 Seguimos cos retos de adiviñar o conto que len os nosos compañeiros e compañeiras do cole, neste  caso toculle a Sabela.

O da semana pasada foi bastante sinxelo, non si?

A ver o desta que tal se vos da...

Un saudíño.




miércoles, 26 de enero de 2022

Vacina para a PAZ

Ista é a nosa vacina para a Paz.  Canta connosco !


Mira o resultado da Vacina para Paz no seguinte vídeo:




Bookface

Comezamos esta sección con libro que é unha obra de arte para disfrutar de pequeños momentos  da nosa vida.


Clica no enlace é verás un pequeño booktrailer deste maravilloso libro que podedes atopar na biblioteca.

                                                        https://youtu.be/ZF6FPoS5Gew

martes, 25 de enero de 2022

Contos de paz

Xa se achega o día internacional da Paz e a non violencia e para traballar cos cativos este concepto, deixámosvos uns contiños.
Recordade que a PAZ é algo a traballar no día a día , con pequenos  xestos  e experiencias.

UNA BUENA COSTUMBRE:
Entrañable conto que con humor reivindica o diálogo e a palabra como antídotos contra a guerra.


 DOS MONSTRUOS:
Unha historia que nos fala da importancia da empatía e de comprender que a verdade única non existe.


EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA:
Historia inspiradora do que foi medrar nun país en guerra e, sen embargo, ver a maxia da esperanza.


CARTAS EN EL BOSQUE:
Unha entrañable historia que, entre outros valores, fálanos da amizade e da solidaridade.


IMAGINE:
Alegato checo de forma e amor profundo pola humanidade e o seu futuro.


lunes, 24 de enero de 2022

Adiviñamos os contos

 Ola, moi bo día!


Hoxe traemos unhas adiviñas algo diferentes...

Trátase de tres contos populares de Disney que teñen a súa versión en películas.

Comezamos con algo bastante sinxelo pero, pouco a pouco, complicarase. A ver quen é capaz de acertalos todos...

Nesta ocasión temos imaxes relacionadas con personaxes e escenas deses libros/pelis.

Moira sorte, agardamos que vos gusten.


jueves, 20 de enero de 2022

Que libro será?

 Comezan os retos de adiviñar os libros que len os compañeiros e compañeiras do cole.

Serás quen de descubrilos?

Aquí che deixamos o primeiro vídeo feito por Joel. Ánimo!





martes, 18 de enero de 2022

lunes, 17 de enero de 2022

Adiviña os títulos.

Ola de Novo!

Apetècevos xogar?

Deixamos por aquí un pequeno xogo.

Teredes que intentar adiviñar os títulos de libros ou películas 🎥 

Comezamos cun nivel sinxelo de dificultade.

Se sodes capaces de adiviñalos, escribide as solucións en comentarios, pero... non vale facer trampas!

O próximo luns teremos outra proba, cun pouquiño máis de complexidade...

Polo de agora... A XOGAR!


O xogo consiste en escribir a inicial de cada imaxe para, deste xeito, formar os títulos correspondentes.

Un saúdo e bo inicio de semana!

BOOKFLIX XANEIRO

Ola a todos e todas!

Deixamos a continuación o Bookflix do mes de xaneiro con propostas de nadal (para lembralo) e de inverno, que co frío que vai ben podemos atoparnos dentro dun destes contos. 

Nesta ocasión non temos libros unicamente, tamén propoñemos unha serie de películas para poder ver en familia, aproveitando que o PDI de centro deste ano é sobre o cine.

Agardamos que vos gusten.

Cal é o voso conto de inverno preferido?

E a vosa película?


Un saúdo!