miércoles, 20 de marzo de 2013

SORPRENDENTEST DE... ADRIÁN TORRES

Como moi ben adiviñastes, esta semana o protagonista do Sorprendentest é Adrián Torres, un neno ao que lle encanta a Historia e ao que lle gustaría viaxar a Xapón.
Non deixedes de ler o seu consello!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
Os meus pais e no colexio.

2. Cal é o teu libro favorito?
Geronimo Stilton.

3. Agora estás a ler...
El pequeño Otto.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Carapuchiña vermella, porque o cazador mata ao lobo.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaría o final de Geronimo Stilton.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
É bo ler porque te culturizas.


Durante as vacacións de Semana Santa, o blog continuará coas súas seccións habituais.

A pista para coñecer ao protagonista do próximo Sorprendentest é un pouquiño máis difícil. Aquí a tedes. A discorrer!
  
10      16      14      1      21      8      1      14

4 comentarios:

  1. Ya lo adiviné y os lo voy a poner más fácil:algo tiene que ver los números con las letra...Ahí lo dejo y a discurrir jeje XD

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se tes algunha idea para facer novas pistas non dubides en facermas chegar.
      Creo a próxima vai ser noutro idioma. Pensareino ben durante as vacacións!
      Abrazos.
      Sorpresiña.

      Eliminar
  2. por moito que lle dou ao coco non a encontro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aproveita a pista que deu Mariña porque aí esta a clave.
      Se non o consegues, volve escribirme e cóntame se fixeches algunha averiguación. Prometo darche unha pequena axuda!
      Espérote!
      Sorpresiña.

      Eliminar