sábado, 12 de noviembre de 2022

Consello das Nenas e Nenos

 Un ano máis comezamos as reunións do Consello das Nenas e Nenos. Nesta primeira reunión fixemos a constitución  do Consello  con representantes elixidos polos seus compañeiros de clase. Queremos presentar os ao Consello deste ano que vai ter moiiitoooo traballo! 




Coñecendo o noso entorno

 O alumnado de EI fixo unha saída polo entorno  do colexio para buscar tesouros do outono e voltamos coa cesta chea. 











viernes, 4 de noviembre de 2022

Museo do Mar

Visitamos o Museo do Mar co alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Vimos o Acuario coas especies da Ria de Vigo e fixemos un obradoiro sobre o que podemos atopar nas praias. O que máis lles gostou foron as quenllas do acuario!




viernes, 28 de octubre de 2022

MAGOSTO

 Que festa tivemos hoxe no cole! Fixemos un montón de cousas divertidas: xogos , comimos castañas e chourizos e…. Para fin de festa : a ANPA trouxo a Javi SOLLA e pasámolo xenial! 




Trick Or treat

 Ola, o xoves tivemos unha sorpresa na entrada e o alumnado de primaria tivo que atravesar un túnel do terror . Foron un montón de risas!! Despois a profe Lorena fixo os retos do Halloween en inglés e conseguimos golosinas. Pasámolo de medo!!




E houbo  un montón de disfraces arrepiantes!











miércoles, 26 de octubre de 2022

SAMAIN

  Despois de dous anos moi duros, este ano quixemos celebrar o Samaín dun  xeito especial . Hoxe tivemos un montón de obradoiros terroríficos e moi divertidos:

Maquillaxe arrepiante

Cociña de medo

Pócimas maxicas

Decoración de cestas

Nos vídeos podedes ver como foi a mañá 👻👻👻👻👻👻👻





Dia das bibliotecas 24 de outubro


Ola de novo! Comezamos este ano o blog coa celebración do noso día e a visita de Raquel Queizás que nos contou un montón de lendas da nosa terra.









 

miércoles, 22 de junio de 2022

Festa FIn de Curso

Un ano máis chegamos ao final do curso, día de despedidas e de emocións. Este ano queremos dar as grazas a nosa ANPA , A ROMAÍÑA, pola gran festa de despedida que organizou hoxe para todo o alumnado con obradoiros, xogos, bailes, hinchables, merenda, larpeiradas e …. moita diversión . Esta festa ė o remate dun ano de gran traballo  e de colaboración en moitas das celebracións  do colexio. Bo verán para toda a comunidade educativa e ……vémonos en setembro! 







martes, 26 de abril de 2022

Día do libro

 Hoxe foi o sorteo do noso V Concurso “ O meu libro favorito “ . Aquí tedes unhas fotos do sorteo e os nomes dos gañadores. Parabéns a todos e todas!!








Os nenos e nenas de primeiro contan a historia de Paco, un rato que foi á Lúa. Esperamos que disfrutedes co vídeo!



miércoles, 30 de marzo de 2022

Visibilidade transxénero.

 Moi boas a todos e todas!

Mañá, 31 de maio, celébrase o Día Internacional da Visibilidade Transxénero e, tal como aparece recollido na Orde do calendario escolar, desde o centro queremos dar visibilidade e integrar de maneira transversal a diversidade afectivo-sexual.

Compartimos este video que agardamos vos agrade.




Tamén podedes ver como de bonitas quedaron as nosas uñas pintadas dos cores que eliximos !



martes, 29 de marzo de 2022

PRIMAVERA

 Esta semana máis cousiñas de Primavera

Conto la vocecita


Conto gota a gota


Conto desayuno de Primavera


Musicograma la Primavera-A. Vivaldi




viernes, 25 de marzo de 2022

martes, 22 de marzo de 2022

COMEZA A PRIMAVERA!

 Onte 21 de Marzo deu comezo a Primavera e  por iso deixamos estes contos para ir entrando en materia.

El jardin Mágico


El Árbol

La pequeña oruga glotona

Semillas

Martin y la llegada de la Primavera







lunes, 21 de marzo de 2022

Adiviñao conto

 Ola, moi bo día!

Propoñemos un novo reto para adiviñar uns contos clásicos.

Agardamos que non vos resulte moi complicado.

Veña, poñemos a pensar esas cabeciñas!



martes, 15 de marzo de 2022

Obradoiro de cine


Obradoiro de cine con Paula González Fariña


 

Máis contos sobre a muller

 Esta semana seguimos con contos sobre a muller, xa que consideramos que é unha temática a traballar a diario e non so un día concreto no ano.

As nenas serán o que queiran ser


Eu non quero ser princesa

Rosa caramelo


 





sábado, 26 de febrero de 2022

Un Entroido de cine!

 Como cada ano, o noso Entroido está relacionado co proxecto documental integrado da biblioteca que iste  ano está adicado  ao cine. 









jueves, 24 de febrero de 2022

lunes, 14 de febrero de 2022

BOOKFLIX FEBREIRO

 Moi boas nenos, nenas e familias!

Hoxe, 14 de febreiro, celebramos o día do amor e da amizade.

Coma nós non queremos quedarnos afastados de tal celebración, propoñemos unha serie de libros e contos relacionados con dita temática no noso Bookflix.

Agardamos que sexan do voso agrado e que os gocedes.

Un saúdo e boa semana.



viernes, 11 de febrero de 2022

jueves, 10 de febrero de 2022

Bookface

 Hoxe temos un 2x1. No mesmo libro podes seguir  as aventuras dun heroe un pouco patoso ou dun supervillano en horas baixas. Empeza polo que ti queiras e descubre….. a historia do  bo e do malo!