lunes, 29 de abril de 2019

Semana da Ciencia


Este ano tivemos a quinta edición da Semana da Ciencia en coordinación co equipo TIC. Parabéns a todos os participantes polos proxectos presentados! Gran nivel que fixo moi difícil ao xurado  a decisión de cales eran os proxectos gañadores. No vídeo tedes un pequeño resumo da xornada.



Booktubers

 

 Xa sabemos que estades a esperar a nova recomendación lectora dos e das booktubers do cole... Xa tedes unha nova entrega, esta vez é un libro para os máis pequenos.

CONTACONTOS


Ao longo deste trimestre tivemos varias sesións de contacontos na biblioteca e todos foron un éxito total. esperamos con impaciencia o mes de abril , xa que polo Día do libro tamén temos novas sesións de contacontos na biblio.