lunes, 28 de diciembre de 2020

Nadal 2020

Xa sabedes que Papá Noel visitou moitos lugares estes días e tamén estivo no noso cole. A continuación tedes o vídeo co resumo da súa visita.


E non podíamos deixar de facer unha pequena homenaxe a todos os participantes no concurso de árbores de Nadal . 



lunes, 21 de diciembre de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 Ola a todos, neste ano tan raro que estamos a vivir, o Festival de Nadal tamėn e diferente: son as actuacións do Coro das Emocións , actividade  do programa de Educación Responsable. Esperamos que disfrutedes!

Tamén queremos compartir a nosa exposición de àrbores de Nadal. Parabéns aos que participaron e aos gañadores! Grazas a todos polo gran traballo que facedes cada año! 



Bo Nadal! Merry Christmas!




Na procura do libro misterioso

 


Bos días a todo@s!

Como bos detectives estudástedes ben tódalas pistas que vos foi dando Sorpresiña e déstedes coa resposta, noraboa! Tratábase de "El principito. Descubre las emociones y los valores", da editorial Bruño.


Xa temos un gañador! PARABÉNS Xandre!!! 

 




Ademais agasallounos cun fermoso debuxo inspirado no libro.




Moitas grazas!


E vos, queredes ser os seguintes gañadores do premio? Estade moi atentos á volta das vacacións porque Sorptresiña xa está escollendo o vindeiro libro misterioso.

viernes, 18 de diciembre de 2020

Na procura do libro misterioso

 


Bos días a todo@s!

Moi atentos porque hoxe Sorpresiña tráevos a derradeira pista para descubrir cal é o libro misterioso, preparados?

 



Repasade ben tódalas pistas que vos foi dando Sorpresiña e, se xa tedes a vosa resposta, enviádea ó correo do cole: ceipplurilinguenantes@gmail.com
Dádevos présa, pois o premio sorpresa será para o primeiro correo que recibamos!

Moita sorte!

 

lunes, 14 de diciembre de 2020

Na procura do libro misterioso


Bos días rapazas e rapaces!

Como ben sabedes Sorpresiña estivo de ponte a pasada semana, así que desta volta vaivos dar dúas pistas, preparados?




Ide preprando a vosa resposta ó enigma porque pronto vos avisaremos para resolvelo. Sorte!

 

lunes, 30 de noviembre de 2020

Na procura do libro misterioso

 


Ben sabemos que a pista que vos deu Sorpresiña a semana pasada non foi abondo para adiviñar cal é o libro misterioso, así que velaquí vai a seguinte, outro anaquiño dunha ilustración:



Agardámosvos a vindeira semana coa seguinte pista, moita sorte!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N Día contra a violencia de xénero




 Desde a nosa biblioteca queremos axudar a que a violencia de xénero non sexa un problema nun futuro cercano  e concienciar ao noso alumnado . 

Xa temos  gañadoras, neste caso, do I Concurso de lemas e debuxos “ Dille NON ao maltrato” . Grazas a todos os que enviastedes os vosos traballos.  

Estas son as gañadoras: 


Iría de 1º EP 


Greta de 6º EI


Antía de 5º EP




Sara de 4º EP




Os lemas gañadores serán impresos nun vinilo para decorar as paredes do noso colexio. En canto os teñamos, publicaremos as fotos para que vexades que bonitos quedaron.

Compartimos o vídeo de Rozalén , La puerta violeta, en lingua de signos . 





E como lectura recomendada ....


 

 

 



lunes, 23 de noviembre de 2020

Na procura do libro misterioso

 





Boas, rapazas e rapaces!

Sorpresiña tráevos un xogo, queredes saber de que se trata? Semanalmente (tódolos luns) iravos dando pistas sobre un libro da nosa biblioteca (pode ser unha imaxe, un anaco do título, o nome do autor/a...); se adiviñades de cal se trata conseguiredes un agasallo.

Non sexades impacientes, debedes agardar á última pista para poder resolver o enigma, enviando a vosa resposta a ceipplurilinguenantes@gmail.com. Así que cando vos avisemos de que podedes mandalo, gañará o primeiro correo que recibamos coa resposta correcta.

Velaquí vai a primeira pista:

Moita sorte a tod@s!

viernes, 20 de noviembre de 2020

Día universal da Infancia

 

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o DIA UNIVERSAL DA INFANCIA.

É un día dedicado a tódalas nenas e nenos do mundo, co obxectivo de celebrar os avances conseguidos e dar a coñecer os dereitos dos máis cativos.

Nas nosas aulas levamos uns días investigando sobre eles e decidimos plasmar o aprendido nuns preciosos murais, queredes velos?



4º E.I.


5º E.I.


6º E.I.


1º E.P.


2º E.P.


3º E.P.


4º E.P.


5º E.P.


6º E.P.


Tamén podedes escoitar o podcast que grabamos na Radio Sorpresiña no seguinte vídeo coa participación de todo o alumnado do noso colexio




jueves, 18 de junio de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Imos coa resolución das adiviñas da semana pasada:
1. A CAMPÁ.
2. A ABELLA.
3. A SANDALIA.
4. O PANO.

Propoñemos estas últimas adiviñas, xa que o curso está chegando ao seu fin. 
Un último esforzo!
E.I.: Roer é o meu traballo, 
         o queixo o meu aperitivo,
         o gato foi sempre,
         o meu máis temido inimigo.

1º-2º E.P.: Podes levalo no pelo,
                    e, ás veces, nos zapatos,
                    colócase na cintura, 
                    e tamén no  rabo dos gatos.

3º-4º E.P.: Nun cuarto me arrinconan,
                     sen acordarse de min, 
                     pero pronto van buscarme,
                     cando teñen que subir.

5º-6º E.P.: Se hai unha carreira no mar,
                     quen será o último en chegar?

miércoles, 17 de junio de 2020


Nesta última semana de cole queriamos darvos dende a biblio as grazas a todas as familias polo traballo realizado dende os fogares en coordinación cos mestres do cole. As nenas e os nenos moven o mundo, son creadores de novos mundos, son futuro de novas esperanzas e neles temos que confiar. 

Agora mesmo tócanos a nós suxeitalos e ensinarlle as estratexias que precisan para que nun futuro poidan eles levar o peso sobre os seus ombreiros. É tamén agora que nos toca a nós coidar deste mundo do que falabamos para que o día de mañá eles teñan un mundo que coidar e onde vivir con calidade e esperanza, sendo conscientes e responsables, sabendo que está  nas súas mans o coidado e herdanza para os seus fillos e os fillos dos seus fillos.

Con moito cariño, Sorpresiña e o equipo de bibllioteca do cole vos deixan por agora un novo conto contado para as familias. GRACIAS!

No próximo curso máis! 
Gozade, lede e vivide.







martes, 16 de junio de 2020

XEROGLIFEANDO...



Resolvemos os xeroglíficos agochados baixo o alfabeto Braille.
Os títulos dos contos son os seguintes:
1. OCÉANOS.
2. MOBY DICK.
3. LA VIDA DE PI.

Propoñémovos os seguintes para esta semana.

Para Educación Infantil e 1º de Educación Primaria:


Para 2, 3º e 4º de Educación Primaria:


Para 5º e 6º de Educación Primaria:




lunes, 15 de junio de 2020

QUEN É QUEN?

Resolvemos o quen e quen da semana pasada:
Tratábanse de dous alumnos de Educación Infantil; Álex (5º Educación Infantil) e Alejandro (6º Educación Infantil).
A ver se adiviñades de quen se trata a nena que aparece nas fotos que plasmamos a continuación.
PISTA: é unha profe :) 
Agardamos as vosas respostas.


jueves, 11 de junio de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Presentamos a continuación a resolución ás adiviñas da pasada semana:
1. AS MARIPOSAS.
2. O TAMBOR.
3. O VIOLÍN.
4. A ABELLA.

A continuación, as previstas para esta semana: ADIANTE!



E.I.: Dama con pendente
        que toca á présa
        para que a xente
        non perda a misa.

1º-2º E.P.: Zumba que te zumba,
               van e veñen sen descanso,
               de flor en flor traxinando
               e a nosa vida endulzando.

3º-4º E.P.: Santa con nome de flor,
                  e, a pesar deste retrato,
                  confúndenme cun zapato.

5º-6º E.P.: Nas túas mans estou limpo,
                    nas túas fiestras me ensucio,
                    se sucio, me poñen limpo,
                    se limpo, me poñen sucio.

miércoles, 10 de junio de 2020


Ola, ola!!! 

Teño uns plans para este verán... Sabedes que??? Vou comezar a facer algunhas modificacións máis na biblio de cara as vacacións, que pronto chegan e quero ter preparada a lista de libros de lectura. Vós xa a tedes feita?? Eu é unha cousa que fago cada ano ao rematar  o curso unha vez que quedo soíña polo cole. É unha das miñas rutinas favoritas e momentos dos que máis gozo: ler e cruzar os títulos dos libros da miña lista, un por un, viaxando así a lugares moi diferentes ao longo das vacacións. 

Cada libro unha viaxe!!!!




Hoxe déixovos "Un agasallo diferente". Si, é un agasallo para vós e mais o título dun conto, contado por Bea Campos, escrito por Marta Azcona e ilustrado por Rosa Osuna.









martes, 9 de junio de 2020

XEROGLIFEANDO...

Posto que onte foi o Día dos Océanos, animámosvos a  que consultedes o alfabeto Braille que abaixo se presenta e descubrades os títulos das obras que se agochan, vinculados a dita temática.




↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝↝

lunes, 8 de junio de 2020

QUEN É QUEN?

Quenes eran as protagonistas das fotos do quen é quen da semana pasada?
Efectivamente, por unha banda,  Iria (6º de Educación Infantil) e Antía (4º E.P.) e por outra, Martiño (4º Educación Infantil) e a súa irmá Aloia (6º de Educación Infantil).
En canto a foto da profe, tratábase de Isa (mestra/ titora de 2º de Educación Primaria).
Fixádevos a continuación:



PISTA: Son dous alumnos da etapa de Educación Infantil.
Adiviñades de quen se trata?

sábado, 6 de junio de 2020

E ti..... Que les?

Ola a todos! Que estades  a ler  estes días? Ledes na praia ?Tedes gardado algún libro para o verán? Son moitas preguntas! Gustaríanos que nos deixarades as vosas respostas nos comentarios. Hoxe, seguimos cos nenos e nenas de Educación Infantil que son grandes lectores, Clara de 4º EI e Alejandro de 6º EI. De seguido tedes as súas recomendacións :




A continuación clicando no enlace podedes ver o vídeo do libro que nos recomenda Clara



jueves, 4 de junio de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Velaquí as solucións das adiviñas da semana pasada:
1. A PERA.
2. O MARTELO.
3. O ESPELLO.
4. A URRACA.

Plantexámosvos as seguintes para esta semana. Deixade as vosas respostas 😊


E.I.: Alas de mil cores, que se perden entre as flores...
1º-2º E.P.: As miñas caras son redondas, ¡qué estiradas son! A forza de golpes, así canto eu.
3º-4º E.P.: Son pequeno e de madeira, teño un arco e non frecha. Posme no ombro e no queixo e a miña música moito expresa.
5º-6º E.P.: De celda en celda vou, mais presa non estou.

miércoles, 3 de junio de 2020


Ola, ola!!!

Así que vos gustou o conto da semana pasada, non si?? Ou iso foi o que me chegou ata as miñas orellas de papel. Cath está moi contenta e eu máis. Agradézolle moito que nos fixera este agasallo. E sabedes que? Animouse a contarvos a segunda parte do conto. 

Aquí, en exclusiva, para as nenas e nenos do CEIP Plurilingüe Nantes...
 Cath e Sorpresiña vos presentan un novo conto en inglés!!!






Animádevos a deixarme un comentario. Ler é o que máis me gusta e vos leo a todos cando me escribides. Gustouvos o conto??? 
Dádelle unha sorpresa a Sorpresiña :)





martes, 2 de junio de 2020

XEROGLIFEANDO

Velaquí a resolución dos refráns agochados baixo os pictogramas propostos a semana pasada. Noraboa aos participantes: ¡acertáchedes!


1.En casa de ferreiro ,coitelo de pau.

2.A mal tempo boa faciana.

3.Pola boca morre o peixe.

Animádevos a resolver os seguintes refráns agochados baixo EMOJIS 😍


lunes, 1 de junio de 2020

QUEN É QUEN?

Efectivamente! As fotos d@s nen@s correspóndense con Lorena de 6º de Educación Infantil e con Tomás, de 6º de Educación Primaria.
A profe...É a profe Marta
Fixádevos ben nas fotos que presentamos a continuación, tamén aparece unha profe entre elas 😇
PISTA: Pensade en parellas de irmáns/ irmás.
A foto que corresponde a unha profe é a última das que ahí aparecen :)