miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS


A esta biblioteca fáltalle algo, e non será por libros!!!

Pensando, pensando din coa resposta:
fáltanlle os ollos voraces de lectura dos alumnos e as alumnas; as mans indecisas que non saben que libro coller porque hai dous que lle chiflan e un terceiro que lle gustaría ler; fáltanlle os beizos bisbando e pedindo falar máis baixiño porque estamos nunha biblio pero tamén lle faltan as risas alborotadas que enchen de súpeto o espazo ao escoitar un contacontos.

Así que decidín que se os nenos e as nenas non poden vir visitarme 
pois terei que ir eu ata eles!!!

Nesta semana das Letras achégovos "As pitas baixo a choiva". É un relato breve de Ricardo Carvalho Caleiro que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ao galiñeiro; elas asústanse e, ao final....

Pero que fago??? Se case vos conto o final!!! Mellor vos deixo un enlace a unha adaptación do relato realizada polo CEE Vilagarcía de Arousa 😉

Moitas gracias por compartir esta marabilla compañeiras!



12 comentarios:

  1. Si que me gustou. O que máis me gustou foi cando empezou a chover e foi detrás das galiñas.

    ResponderEliminar
  2. Si que me gustou. O que máis me gustou foi cando empezou a chover e foi detrás das galiñas.

    ResponderEliminar
  3. A min me gustou cando corrían polas galiñas.

    ResponderEliminar
  4. O que mais me gustou foi cando empezaron a correr pilas galiñas, tamén deume un pouco de risa.

    ResponderEliminar
  5. A min gustoume moito. Sobre todo a parte donde refuxian as pitas.

    ResponderEliminar
  6. amin gustoume cando corrian sen parar detras das pitas

    ResponderEliminar
  7. Fixome moita gracia cando o gale puxoxe a bailar

    ResponderEliminar
  8. Si que me gustou. O que máis me gustou foi cando empezou a chover e foi detrás das galiñas.

    ResponderEliminar
  9. Si me gustou cando corria polas galiñas cando chovia

    ResponderEliminar
  10. Alégrame moito que vos estea a gustar!!! Fareillo saber ás súas autoras!!
    Ricardo Carvalho seguro que estaría moi contento de que a súa obra tivese unha adaptación tan bonita e que vós gocedes desta aventura de pitas tan divertida.

    ResponderEliminar
  11. QUE CONTENTA ESTOU!!!��
    Estades a comentar cousas moi bonitas..... xa estaba un pouco aburrida despois de tanto tempo tan soa pola biblio do cole! Espero que sigades dicindo cousas que eu poida ler neste blog ��.

    ResponderEliminar