A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA
Antonio R. Almodóvar / Marc Taeger
Editorial Kalandraka
(de 3 a 6 anos)
Sinopse: Había unha vez unha nena moi xeitosiña que vivía nunha aldea, preto dun bosque. Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella, porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores, regaláralle unha capa desa cor, cunha carapucha para o frío… Sen embargo, non todo sucede segundo o esperado!
No seguinte vídeo podedes ver outra versión moi especial na que Carapuchiña ten uns axudantes que todos coñecedes: Os tres porquiños.
Non vos perdades esta curiosa e divertida historia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario