jueves, 30 de mayo de 2013

SORPRENDENTESTE DE... LARA LÓPEZ

Xa temos un novo Sorprendentest!!!
Imos coa solución da pista: os 6 números ordinais correspondíanse cos cursos de Educación Primaria; dous deles, 2.º e 5.º, estaban marcados pero... por que? Debiades buscar que tiñan en común. A solución pasaba por descubrir o nome que se repite nas dúas aulas: Lara.
Así que xa sabedes, Lara López, unha das nenas máis alegres e extrovertidas do cole, deixounos esta semana as súas  respostas. Son moi  interesantes!!!
Por certo, é unha  das moitas seguidoras dos libros de Geronimo Stilton.
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profesora Inma.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Mujercitas de Geronimo Stilton.

3. Agora estás a ler...
Princesa de los corales, de Tea Stilton.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Gústame Carapuchiña Vermella, porque o lobo se fai pasar pola avoa de Carapuchiña.
 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaríalle o lugar ao conto de Carapuchiña Vermella. Molaría que en lugar de estar no monte estivese nunha cidade.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Lede moito, porque é moi entretido e ademais, de maiores, ao mellor sodes escritores.
 

Gústavos a Historia? Espero que si, porque vos servirá para coñecer quen fará o seguinte Sorprendentest.
 
Pista:                Nome dun zar ruso alcumado "El Terrible".

2 comentarios:

  1. Ya la resolví (porque mire en google) jejeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta pista era moi fácil. Non facía falta aplicar a lóxica, nin descifrar... Chegaba con buscar en Internet, tal como ti fixeches.
      Espero que, de paso que buscades o nome, aproveitedes para ler a súa biografía. Así aumentaredes os vosos coñecementos de Historia.
      Sorpresiña :)

      Eliminar