lunes, 13 de mayo de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO

Como ben sabedes, o día 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Coa  recomendación lectora desta semana poderedes achegarvos á vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado deste ano.
Para consultar o  libro só tedes que visitar a Biblioteca do cole.
Déixovos tamén unha ligazón da Xunta na que atoparedes unha gran variedade de recursos sobre AS LETRAS GALEGAS 2013: actividades LIM, documentais, trípticos, materiais para imprimir...

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO
Roberto Pascual
Editorial Xerais
(Varias idades)
Sinopse: Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.
Clica aquí para ver os recursos da Xunta

No hay comentarios:

Publicar un comentario