Despois dun soleado fin de semana, comezamos o luns con choiva e con... Educación Vial!!! Hoxe e mañá é o turno da teoría e o mércores, se o tempo o permite, faremos a parte práctica.
Aproveitando o tema, a nova recomendación lectora fala de como debemos comportarnos cando imos pola rúa.
Ademais, tedes moitos enlaces para traballar a Educación Vial: xogos, recursos, información... A practicar!!!
OS BOLECHAS VAN POLA RÚA
Pepe Carreiro
Editorial A Nosa Terra
(Idade 3-5 anos)
Sinopse: Os Bolechas saen de paseo. Hai que ter coidado e cruzar a rúa cando o boneco do semáforo se pon verde, aínda que unha furgoneta non parou! É mellor esperar a que os coches estean parados. Collen o autobús para o parque e van nos asentos para non caer. A Chispa, como non lle está permitido subir, lévao un veciño no seu coche. Xogan no parque ata que os vén buscar mamá e Chispa regresa no maleteiro.
Clica aquí |
Clica aquí |
Clica aquí |
|
Clica aquí |
No hay comentarios:
Publicar un comentario