miércoles, 8 de mayo de 2013

SORPRENDENTEST DE... YAGO DADÍN

Chegou o momento de desvelar o nome do protagonista do Sorprendentest!!!
A solución da pista era Yago, pero como se chegaba ata este nome? Todo partía dun cadro. Tiñades que recoñelo ("La maja vestida"), para logo relacionalo co seu autor (Goya). Chegados ata aquí só era preciso cambiar a orde das sílabas e... aí estaba a solución.
Yago Dadín, co seu carisma tan característico, recibiu con ilusión a proposta de facer o test. Chegáronlle  3 palabras para dar un consello estupendo. Foi claro e directo na súa mensaxe, non credes?
Unha vez máis, os libros de Geronimo Stilton están entre os favoritos!


1. Lembras quen te ensinou a ler?
A miña nai.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Geronimo Stilton.

3. Agora estás a ler...
Viaxe no tempo 2.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Carapuchiña Vermella.


5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría a parte do lobo de Carapuchiña Vermella.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Animádevos a ler!
 
 
Pista para o Sorprendentest da vindeira semana:
 
O nome que buscades podedes atopalo no Pretérito Imperfecto de Subxuntivo (en castelán) dun destes tres verbos:
 
mirar               pensar               acertar
 

2 comentarios:

  1. Creo que ya la sé quien es pero esta vez no estoy muy segura...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta vez é moito máis fácil que a anterior. Seguro que a tes!
      Xa estou a pensar na seguinte pista; só podo adiantarche que se me acaba de ocurrir algo interesante, pero aínda non puiden probar como queda. Espero poder facer o que teño pensado!
      Ata pronto!
      Sorpresiña.

      Eliminar