viernes, 31 de mayo de 2013

17.ª FRASE CÉLEBRE

Despedimos a semana, por primeira vez, cunha frase célebre en inglés. É moi sinxela, así que non ides ter dificultades para traducila. Non dubides en preguntar o que queirades a través dos comentarios.
Good weekend!!!
“You're never alone when you're reading a book.” Susan Wiggs (escritora norteamericana)

jueves, 30 de mayo de 2013

SORPRENDENTESTE DE... LARA LÓPEZ

Xa temos un novo Sorprendentest!!!
Imos coa solución da pista: os 6 números ordinais correspondíanse cos cursos de Educación Primaria; dous deles, 2.º e 5.º, estaban marcados pero... por que? Debiades buscar que tiñan en común. A solución pasaba por descubrir o nome que se repite nas dúas aulas: Lara.
Así que xa sabedes, Lara López, unha das nenas máis alegres e extrovertidas do cole, deixounos esta semana as súas  respostas. Son moi  interesantes!!!
Por certo, é unha  das moitas seguidoras dos libros de Geronimo Stilton.
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profesora Inma.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Mujercitas de Geronimo Stilton.

3. Agora estás a ler...
Princesa de los corales, de Tea Stilton.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Gústame Carapuchiña Vermella, porque o lobo se fai pasar pola avoa de Carapuchiña.
 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaríalle o lugar ao conto de Carapuchiña Vermella. Molaría que en lugar de estar no monte estivese nunha cidade.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Lede moito, porque é moi entretido e ademais, de maiores, ao mellor sodes escritores.
 

Gústavos a Historia? Espero que si, porque vos servirá para coñecer quen fará o seguinte Sorprendentest.
 
Pista:                Nome dun zar ruso alcumado "El Terrible".

lunes, 27 de mayo de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: JACK SPARROW-EL GUARDIÁN DEL TIEMPO

Se o que vos gustan son as aventuras de piratas, non debedes deixar de ler os libros do pirata máis coñecido dos últimos anos: Jack Sparrow.
Esta semana recoméndovos El guardián del tiempo, unha historia chea de intriga e emoción que captará a vosa atención dende as primeiras páxinas!!!
Buscádeo nas novidades da Biblioteca.
Déixovos tamén algúns enlaces con recursos. Desfrutádeos!
JACK SPARROW: EL GUARDIÁN DEL TIEMPO
Rob Kidd
Editorial Everest
(Edad 9-12 años)
Sinopsis: Esta vez sí que está metido en un buen lío el joven marinero Jack Sparrow. Davy Jones, el capitán más temido de los Siete Mares, quiere algo que Jack tiene: un reloj de bolsillo muy particular con un poder extraordinario, un reloj que es capaz de detener el tiempo. Y ese poder lo quiere Davy Jones para sí...


Podedes acceder á páxina oficial de Piratas del Caribe de Disney España clicando no seguinte ENLACE


Aquí tedes actividades LIM sobre os piratas: ACTIVIDADES LIM PIRATAS

viernes, 24 de mayo de 2013

SORPRENDENTEST DE... JOEL GARRIDO

Ola de novo!!! 
Esta semana teredes que esperar un pouquiño para ler o Sorprendentest. Síntoo, pero... teño una boa noticia!!!: vou resolver xa a solución e poñer a nova pista para que vaiades pensando quen será o próximo/a protagonista.

 
A pista anterior resolvíase mirando a forma dos obxectos; todos son similares a unha letra:
                                           - escuadra= L
                                           - flotador salvavidas=O
                                           - anzol= J
                                           - tridente= E
Só tiñades que ordenalas para formar o nome: JOEL.
Nuns días poderedes coñecelo mellor a través das súas respostas.
Despois da espera... aquí está o Sorprendenteste de JOEL GARRIDO, todo un artista do debuxo!!!
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profe Elena.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Gústame un novo titulado El ladrón del rayo.

3. Agora estás a ler...
El ladrón del rayo.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Os tres porquiños, porque dá risa.
 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría o final dalgúns contos.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
 

A vindeira semana fará o Sorprendentest una nena de 5.º. Quen será?

1.º  -  2.º  -  3.º  -  4.º  -  5.º  -  6.º

16.ª FRASE CÉLEBRE

 A frase célebre desta semana vai adicada a todos os viaxeiros e viaxeiras.

Nun abrir e pechar de follas tedes ao voso alcance mundos marabillosos por descubrir.

                       A viaxaaaarrrrr!!!

lunes, 20 de mayo de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: EL TESORO PERDIDO DE LA CIUDAD SUMERGIDA

Esta semana recoméndovos un libro con despregables da colección "Aventura sorpresa", unha das miñas preferidas para os máis cativos do cole. Podedes atopalo na estantería de novidades da Biblioteca que está colocada na entrada.
Tede moito coidado co tiburón e co calamar xigante.
Son espectaculares!!!
Déixovos un pequeno vídeo para que vexades de que criaturas estou a falar!!!


EL TESORO PERDIDO DE LA CIUDAD SUMERGIDA
Martin Taylor / Andy Catling / Adaptación Carmen Gil
Editorial Combel / Colección "Aventura sorpresa"
(Educación Infantil y 1er. ciclo)
Sinopsis: La búsqueda de un tesoro perdido en el fondo marino puede convertirse en toda una aventura, incluso para los marineros más valientes, que deberán sortear todo tipo de monstruos y peligros en las profundidades del océano.
Únete a la búsqueda de la ciudad sumergida. Pero ten cuidado, porque terribles criaturas marinas querrán atraparte.

viernes, 17 de mayo de 2013

15.ª FRASE CÉLEBRE

Despois do mércores máxico que vivimos grazas á actuación de Martín Camiña, que mellor forma de despedirme ata o luns que con máis maxia? Trátase da maxia dos libros e das palabras. Animádevos a descubrila!!!
"La literatura es magia, es aparecer entre la gente sin estar físicamente, es entrar en las almas sin tener que tocar la puerta". Doménico Cieri Estrada

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

miércoles, 15 de mayo de 2013

SORPRENDENTEST DE... SARA FERNÁNDEZ

Tivestes problemas para descubrir á protagonista do Sorprendentest? Imos coa solución: tiñades tres verbos que debiades conxugar en Pretérito Imperfecto de Subxuntivo. Só nun deles estaba oculto o nome que buscabades: pensara, pensaras, pensara...
Sara Fernández, una nena alegre, divertida e simpática que sempre ter un sorriso para ofrecer aos demais, contestou esta semana ás preguntas. Gardou moi ben o segredo durante estes días! 
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Gústanme os libros sobre o Nadal.

3. Agora estás a ler...
La vuelta al mundo en 80 días.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?

 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)


6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Se che gusta ler, poderás ler todos os libros que queiras se lle pos interese.

 
Dentro de 7 días teredes un novo Sorprendentest. Pero... de quen se trata?  Mirade os debuxos e A PENSAR!!!

 
 

 

lunes, 13 de mayo de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO

Como ben sabedes, o día 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Coa  recomendación lectora desta semana poderedes achegarvos á vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, o autor homenaxeado deste ano.
Para consultar o  libro só tedes que visitar a Biblioteca do cole.
Déixovos tamén unha ligazón da Xunta na que atoparedes unha gran variedade de recursos sobre AS LETRAS GALEGAS 2013: actividades LIM, documentais, trípticos, materiais para imprimir...

ROBERTO VIDAL BOLAÑO E OS OFICIOS DO TEATRO
Roberto Pascual
Editorial Xerais
(Varias idades)
Sinopse: Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.
Clica aquí para ver os recursos da Xunta

viernes, 10 de mayo de 2013

14.ª FRASE CÉLEBRE

Hoxe quero despedir a semana cunha frase célebre distinta ás habituais. Quizais non sexa tan sequera una frase célebre, pero o importante é a mensaxe que transmite.
Mirade que conversación tan interesante manteñen o avó e o seu neto. Curiosa, verdade?

               BO FIN DE SEMANA
                 ATA O LUNS!!!

miércoles, 8 de mayo de 2013

SORPRENDENTEST DE... YAGO DADÍN

Chegou o momento de desvelar o nome do protagonista do Sorprendentest!!!
A solución da pista era Yago, pero como se chegaba ata este nome? Todo partía dun cadro. Tiñades que recoñelo ("La maja vestida"), para logo relacionalo co seu autor (Goya). Chegados ata aquí só era preciso cambiar a orde das sílabas e... aí estaba a solución.
Yago Dadín, co seu carisma tan característico, recibiu con ilusión a proposta de facer o test. Chegáronlle  3 palabras para dar un consello estupendo. Foi claro e directo na súa mensaxe, non credes?
Unha vez máis, os libros de Geronimo Stilton están entre os favoritos!


1. Lembras quen te ensinou a ler?
A miña nai.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Geronimo Stilton.

3. Agora estás a ler...
Viaxe no tempo 2.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Carapuchiña Vermella.


5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría a parte do lobo de Carapuchiña Vermella.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Animádevos a ler!
 
 
Pista para o Sorprendentest da vindeira semana:
 
O nome que buscades podedes atopalo no Pretérito Imperfecto de Subxuntivo (en castelán) dun destes tres verbos:
 
mirar               pensar               acertar
 

lunes, 6 de mayo de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: OS BOLECHAS VAN POLA RÚA

Despois dun soleado fin de semana, comezamos o luns con choiva e con... Educación Vial!!! Hoxe e mañá é o turno da teoría e o mércores, se o tempo o permite, faremos a parte práctica.
Aproveitando o tema, a nova recomendación lectora fala de como debemos  comportarnos cando imos pola rúa.
Ademais, tedes moitos enlaces para traballar a Educación Vial: xogos, recursos, información... A practicar!!!
OS BOLECHAS VAN POLA RÚA
Pepe Carreiro
Editorial A Nosa Terra
(Idade 3-5 anos)

Sinopse: Os Bolechas saen de paseo. Hai que ter coidado e cruzar a rúa cando o boneco do semáforo se pon verde, aínda que unha furgoneta non parou! É mellor esperar a que os coches estean parados. Collen o autobús para o parque e van nos asentos para non caer. A Chispa, como non lle está permitido subir, lévao un veciño no seu coche. Xogan no parque ata que os vén  buscar mamá e Chispa regresa no maleteiro.

Clica aquí 

Clica aquí
Clica aquí

Clica aquí 

sábado, 4 de mayo de 2013

ABRA CADABRA!!!

NOS VOS PREGUNTADES QUE ESTAMOS A PREPARAR NO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
 
ESTE ANO IDES QUEDAR COA BOCA ABERTA!!!
 
 
DESFRUTAREMOS DUN FANTÁSTICO ESPECTÁCULO DE MAXIA E ILUSIONISMO NO QUE O MAGO MARTÍN CAMIÑA NON DEIXARÁ DE SORPRENDERNOS.
 
Martín conta cunha gran experiencia profesional no mundo do ilusionismo. Premiado varias veces en España e Portugal, realiza espectáculos en teatros, televisións, congresos, etc. Toda Galicia, Granada, Valencia, Portugal, Alemaña, Xapón, etc. son só algúns dos lugares que contemplaron o seu incrible espectáculo de maxia.
Podedes coñecelo un pouco mellor visitando a súa páxina web. Clicando no seguinte enlace accederedes directamente:
 
 
 
A cita é o mércores 15 de maio ás 12:30 horas.
 
 
 
Por certo, sabiades que Martín Camiña é de Nantes e estudou no noso cole? Seguro que esta actuación lle trae á memoria moitos recordos da súa infancia.
 
Só me queda dicirvos que quizáis precise algún voluntario/a no seu espectáculo!!!
Animádesvos?

viernes, 3 de mayo de 2013

13.ª FRASE CÉLEBRE

Despedimos a primeira semana do mes de maio cunha divertida frase célebre. Tomade nota!
Non deixedes de visitar mañá o blog, porque vos espera unha noticia máxica!!!
 "+ lectura - television, para tomar el tren de la imaginación". Ismael Ramos

jueves, 2 de mayo de 2013

SORPRENDENTEST DE... ALBA CHAN

Unha semana máis, un dos vosos compañeiros respondeu ás preguntas do Sorprendentest.
Nesta ocasión, se destes coa solución da pista, veriades que se trataba de Alba, una nena fantástica e responsable á que vexo a miúdo pola Biblioteca.
Aproveitade o seu consello e os comentarios!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a miña nai e as profes.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Junie B. Jones.

3. Agora estás a ler...
Fairy Oak.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Gústame Os tres porquiños, porque é moi divertido.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría o conto de Tea Stilton. Faría que Tea non saíse nas aventuras.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Lede moito, porque vos axudará a ter menos faltas de ortografía.

 
Para adiviñar quen fará o próximo Sorprendentest puxen una pista un pouco difícil. Intentade descifrar o nome e, se non o conseguides, escribídeme un comentario e irei engadindo pequenas axudas. A pensar!!!