jueves, 6 de junio de 2013

SORPRENDENTEST DE... IVÁN MARTÍNEZ

Ola a tod@s!
Que guapos estades no muro do cole; sodes uns auténticos artistas!!!
Supoño que descubristes o nome do zar ruso alcumado "El Terrible". Se foi así, xa saberedes que o protagonista do Sorprendentest desta semana é Iván, un neno que non ten nada de terrible. Nesta ocasión, en lugar de facer o seu autorretrato, decidiu facer o meu. Mirade que guapa estou!
 
Aquí tedes as súas respostas:
 
1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Elena e miña nai.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Navidad en la granja.

3. Agora estás a ler...
Na aventura dos muíños.
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Gústanme todos, porque creo que son divertidos.
 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Non cambiaría ningún; parécenme todos ben.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Se encontras un libro que che gusta, cando o les, parece que estás dentro del.
 

Xa falta pouco para rematar o curso, pero aínda nos quedan algúns Sorprendentests. Para a vindeira semana, a pista está relacionada con Exipto. A investigar!!!

5 comentarios:

  1. es muy difícil no soy capaz de averiguar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Lembras como se chama a escritura que empregaban no Antigo Exipto?
      Os debuxos que ves na pista correspóndense con letras. Só tes que buscar un abecedario exipcio e ver a que letra equivale cada debuxo.
      Ánimo!
      Sorpresiña.

      Eliminar
  2. creo que ya lo se el pájaro significa "A"

    ResponderEliminar
  3. lo de que el pájaro significa a es una pregunta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Encantoume a túa aclaración!
      O paxaro equivale a unha "A". Vas moi ben encamiñada!
      Quizais che poida axudar botarlle unha ollada á reposta que acabo de escribir no comentario anterior.
      Ata pronto.
      Sorpresiña.

      Eliminar