Ola a todos! Como vos foi coa pista? Nesta ocasión tratábase dun acróstico, é dicir un poema no que as letras inicias de cada verso, lidas en sentido vertical, forman unha palabra. Se o comprobades, veredes como sae o nome da protagonista desta semana, Silvia, a primeira nena de 5.º en facer o test de Sorpresiña.
Para coñecela un pouco mellor, aquí tedes as súas respostas e o autorretrato.
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a miña nai.
2. Cal é o teu libro favorito?
Fray Perico y su borrico.
Fray Perico y su borrico.
3. Agora estás a ler...
Fray Perico y Monpetit.
Fray Perico y Monpetit.
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Cincenta, porque me gustan os finais felices e que os personaxes se namoren.
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaríalle o desenlace a Barba Azul.
6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Recoméndovos ler contos entretidos.
Primeira luz do día antes de que saia o Sol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario