miércoles, 10 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE... ÁLEX MÉNDEZ

Destes coa solución da pista? Era moi sinxela: aparecían 4 nomes de letras en inglés; traducíndoas e xuntándoas saía Álex, o protagonista do Sorprendentest desta semana. Ademais de ser seguidor do blog, é un dos nenos que máis desfruta dos ordenadores. Lede as súas respostas porque son moi interesantes!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora de Infantil e a miña nai.

2. Cal é o teu libro favorito?
Os de Geronimo Stilton e Os Cinco.

3. Agora estás a ler...
Os Cinco.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Pinocho, porque é moi divertido e trata do amor dos pais.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaríalle o lugar a Os Cinco.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Que coidemos os libros e leamos todos!


A pista para o próximo Sorprendentest é:
 
¿Estáis?

2 comentarios:

  1. Está bien pensada la pista jejeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Para o seguinte Sorprendentest vou estrear unha pista diferente. Espero que descubras de quen se trata!;)
      Sorpresiña.

      Eliminar