lunes, 22 de abril de 2013

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

SÓ UN LIBRO

"Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada. É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.

Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.

Era xusto o que eu quería.

Un libro.

Este libro."


Así comeza o texto "Só un libro", co que Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro) agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día Mundial do Libro, e que se publica nun marcapáxinas para conmemorar esta data no ano 2013.
Son moitas as actividades que se están a programar estes días nas bibliotecas escolares de todo o país. Neste enlace pódense consultar as propostas que se van levar a cabo.
Neste outro enlace tedes moitos recursos que poden ser de utilidade:

E... o noso cole non ía ser menos. Este ano, o Día do Libro era moi especial para nós porque, como ben sabedes, estamos de estrea. Que mellor data que esta para presentar a nova Biblioteca ás familias?

Ao longo da mañá fixemos varias actividades para conmemorar este fantástico día.



Comezamos lendo un poema colectivo feito polos alumnos/as de todas as aulas do colexio. O tema era a nova Biblioteca e a lectura.








Podedes velo e lelo todas as veces que queirades!
Está colocado nun mural diante da Biblio.







Rematamos a xornada ensinando  a nova Biblioteca de Sorpresiña ás familias.







Para explicarlles o seu funcionamento, vimos o vídeo que gravaron os alumnos/as de 6.º curso.

Gustoulles moito! 

Ademais, polos corredores tamén hai exposicións de portadas de moitos contos elixidas e coloreadas polos nenos e nenas de diferentes cursos.
Podedes lembrar o noso Día do Libro vendo ou descargando as fotos no seguinte enlace:

No hay comentarios:

Publicar un comentario