1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Cristina e a miña nai.
2. Cal é o teu libro favorito?
Chámase Esmeralda e trata dunha nena que pode viaxar no tempo. É moi divertido. Recoméndoo!
Chámase Esmeralda e trata dunha nena que pode viaxar no tempo. É moi divertido. Recoméndoo!
3. Agora estás a ler...
La pirámide roja.
Tamén está moi ben. Vai duns nenos que un día empezan a descubrir segredos do Antigo Exipto e tamén que son uns magos moi poderosos.
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)
Ao conto de Carapuchiña Vermella cambiaríalle os personaxes.
Que tal quedaría se Carapuchiña fora unha ovella e a súa avoa tamén?
E se o cazador fora un lobo bo? Non sería divertido?
6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
A lectura é moi boa xa que, mentres nos entretemos lendo, aprendemos vocabulario e nos axuda a cometer menos faltas de ortografía.
Sol nacente do Leste
inundas de alegría todo o lugar,
libre pomba viaxeira
visitas a todos os teus amigos por igual,
inundando de felicidade
a toda a comunidade.
Ya adiviné la pista aunque ahora al tocarle a los de quinto lo tengo más difícil porque no me se como es el orden de lista
ResponderEliminarÉ posible que esta vez non vaia nin por orde de lista nin de curso. Non sei, non sei... Pensareino este fin de semana!
EliminarNoraboa polo teu test, é verdadeiramente "sorprendente".
Pásao ben!
Sorpresiña.