martes, 11 de junio de 2013

SORPRENDENTEST DE... ANTÍA MARTÍNEZ

Que tal foi a semana? O curso está a piques de rematar, pero aínda nos quedan Sorprendentest por descubrir.
Hoxe poderedes coñecer un poquiño mellor a Antía Martínez, unha nena de 5.º seguidora dos libros da colección Secretos del Pony Club.
As súas respostas son moi orixinais!!! pero antes de lelas imos resolver como se descifraba o seu nome. Os debuxos que aparecían na pista correspondíanse con letras da escritura xeroglífica exipcia. Só tiñades que buscar a súa equivalencia.
                                                                         
1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profe Inma máis a miña nai.
 
2. Cal é o teu libro favorito?
Secretos del Pony Club: "Relámpago y la copa del campeón".

3. Agora estás a ler...
Secretos del Pony Club: "Tormenta y el grand slam".
 
4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
O parrulo feo, porque nos ensina que non debemos rexeitar a ninguén por como é por fóra, senón que debemos ver como é por dentro.
 
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría Hansel e Gretel. Gustaríame que a meiga estivera feita de gominolas e que os nenos atoparan unha familia.
 
6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Se che gusta ler, aproveita, porque ademais de ser divertido, axuda a corrixir faltas de ortografía.


A vindeira semana, realizaremos o último Sorprendentest deste curso. O nome que buscades podedes atopalo en:
anidar
darían
radian

2 comentarios: