Hoxe recoméndovos un libro que está a ter moito éxito entre os nenos/as da aula de 2.º.
En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena.
Neste conto, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede a Mateo, o protagonista da historia.
A MIN NON ME COMAS!Margarita del Mazo / Vitali Konstantinov
Editorial OQO
(Idade 3 a 6 anos)
Sinopse: Era una noite sen lúa... O reloxo daba a UNHA... DONG! De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara alí, pero só viu una sombra... Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun... MONSTRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario