lunes, 29 de abril de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: A BOA SORTE

Que tal andades de sorte? Espero que ben pero, sexa como sexa, non podedes perdervos a recomendación lectora desta semana. Ten moooi boa pinta! senón lede o seguinte fragmento:
Hai moito tempo, nun Reino de moi lonxe, Merlín convocou a tódolos cabaleiros do lugar e díxolles: "En sete noites, o Trevo Máxico de Catro Follas, o trevo que lle proporciona sorte ilimitada a quen o ten, nacerá nalgún lugar do Bosque Encantado".
Quen aceptará o reto de ir ó Bosque Encantado na procura do Trevo Máxico?
Este interesante libro agárdavos na estantería de lingua galega do 3.º ciclo.

A BOA SORTE
Álex Rovira Celma / Fernando Trías de Bes
Editorial Xixirín
(a partir de 10 anos)
Sinopse: Vítor e David eran veciños e foran moi amigos de pequenos, dende os dous ata os dez anos. Daquela as súas vidas separáronse ata que se volveron atopar moitos anos despois. Un feliz encontro no que lembraron e compartiron momentos da memoria vivida. Nestas páxinas David comparte co seu amigo un conto que lle contara seu avó onde lle explicaba a diferenza entre a sorte e A Boa Sorte. A través desta marabillosa parábola coñecerás ao Mago Merlin, os cabaleiros, as pedras faladeiras, os bosques encantados e moitas máis cousas.Todos eles saben a diferenza entre a sorte e A Boa Sorte e hancha contar.

viernes, 26 de abril de 2013

12.ª FRASE CÉLEBRE

Nunha semana como esta na que o libro foi o protagonista absoluto, a frase célebre non podía deixar de facerlle a súa pequena homenaxe. Aproveitade o tempo libre para ler un pouquiño. Agárdanvos historias incribles!
Bo fin de semana!
"Si no podéis disfrutar leyendo un libro repetidas veces, de nada sirve leerlo una sola vez." Óscar Wilde (escritor, poeta y dramaturgo irlandés)

jueves, 25 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE... SILVIA CAMIÑA

Ola a todos! Como vos foi coa pista? Nesta ocasión tratábase dun acróstico, é dicir un poema no que as letras inicias de cada verso, lidas en sentido vertical, forman unha palabra. Se o comprobades, veredes como sae o nome da protagonista desta semana, Silvia, a primeira  nena de 5.º  en facer o test de Sorpresiña. 
Para coñecela un pouco mellor, aquí tedes as súas respostas e o autorretrato.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a miña nai.

2. Cal é o teu libro favorito?
Fray Perico y su borrico.

3. Agora estás a ler...
Fray Perico y Monpetit.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Cincenta, porque me gustan os finais felices e que os personaxes se namoren.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaríalle o desenlace a Barba Azul.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Recoméndovos ler contos entretidos.

 
A vindeira semana fará o Sorprendentest...

Primeira luz do día antes de que saia o Sol.

lunes, 22 de abril de 2013

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

SÓ UN LIBRO

"Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada. É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.

Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.

Era xusto o que eu quería.

Un libro.

Este libro."


Así comeza o texto "Só un libro", co que Paula Carballeira (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro) agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia co gallo do Día Mundial do Libro, e que se publica nun marcapáxinas para conmemorar esta data no ano 2013.
Son moitas as actividades que se están a programar estes días nas bibliotecas escolares de todo o país. Neste enlace pódense consultar as propostas que se van levar a cabo.
Neste outro enlace tedes moitos recursos que poden ser de utilidade:

E... o noso cole non ía ser menos. Este ano, o Día do Libro era moi especial para nós porque, como ben sabedes, estamos de estrea. Que mellor data que esta para presentar a nova Biblioteca ás familias?

Ao longo da mañá fixemos varias actividades para conmemorar este fantástico día.



Comezamos lendo un poema colectivo feito polos alumnos/as de todas as aulas do colexio. O tema era a nova Biblioteca e a lectura.








Podedes velo e lelo todas as veces que queirades!
Está colocado nun mural diante da Biblio.







Rematamos a xornada ensinando  a nova Biblioteca de Sorpresiña ás familias.







Para explicarlles o seu funcionamento, vimos o vídeo que gravaron os alumnos/as de 6.º curso.

Gustoulles moito! 

Ademais, polos corredores tamén hai exposicións de portadas de moitos contos elixidas e coloreadas polos nenos e nenas de diferentes cursos.
Podedes lembrar o noso Día do Libro vendo ou descargando as fotos no seguinte enlace:

RECOMENDACIÓN LECTORA: XADREZ INICIACIÓN

Como sei que moitos de vós sodes afeccionados ao xadrez e outros moitos queredes aprender, esta semana recoméndovos un libro moi intesesante no que poderes descubrir todos os segredos deste fantástico xogo. Agárdavos na sección de novidades da Biblioteca. Non deixedes de botarlle unha ollada!


XADREZ INICIACIÓN
Carlos Tribiño Mamby
Baía Edicións
(Varias idades)
Sinopse:
Gustaríache chegar a ser "Mestre" ou "Mestra" de Xadrez? Queres coñecer os segredos deste fantástico, divertido e marabilloso xogo? O misterio de Xadrez é tamén un enigma que agora podes descifrar: canto máis aprendamos e máis xoguemos, máis nos atraparán as súas xogadas e estratexias. Con axuda deste libro, un taboleiro e as súas pezas, a túa intelixencia pode levarte todo o lonxe que queiras. Pon a proba a túa axilidade mental e experimentarás o sabor da vitoria!

viernes, 19 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE... MARIÑA GARCÍA

O mércores díxenvos que o novo Sorprendentest estaba en camiño. Pois... foi un camiño moooi curto, porque aquí o tedes xa. Se conseguistes descifrar o xeroglífico daríades co nome de Mariña, a primeira seguidora do blog e unha das nenas máis doces e traballadoras do cole. Non podedes deixar de ler nin unha soa palabra do seu Sorprendentest porque é moi orixinal e diferente. Desfrutádeo!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Cristina e a miña nai.

2. Cal é o teu libro favorito?
Chámase Esmeralda e trata dunha nena que pode viaxar no tempo. É moi divertido. Recoméndoo!

3. Agora estás a ler...
La pirámide roja.
Tamén está moi ben. Vai duns nenos que un día empezan a descubrir segredos do Antigo Exipto e tamén que son uns magos moi poderosos.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Gústame moito Alicia en el país de las maravillas, porque ten moita fantasía e é un conto distinto dos demais, cun argumento moi orixinal.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Ao conto de Carapuchiña Vermella cambiaríalle os personaxes.
Que tal quedaría se Carapuchiña fora unha ovella e a súa avoa tamén?
E se o cazador fora un lobo bo? Non sería divertido?

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
A lectura é moi boa xa que, mentres nos entretemos lendo, aprendemos vocabulario e nos axuda a cometer menos faltas de ortografía.


E... para o próximo Sorprendentest a pista é a seguinte:
 
Sol nacente do Leste
inundas de alegría todo o lugar,
libre pomba viaxeira
visitas a todos os teus amigos por igual,
inundando de felicidade
a toda a comunidade.

11.ª FRASE CÉLEBRE


Nunca tivestes a sensación de ter moitas ganas de ler un libro só con verlle a portada ou con ler o título? Seguro que algunha vez vos pasou! Estes soen ser os libros que nunca seremos capaces de esquecer. A frase célebre de hoxe fala un pouco desta idea. Espero que vos guste!

“Es un buen libro aquel que se abre con expectación y se cierra con provecho”. Bronson Alcott (pedagogo e escritor estadounidense)

miércoles, 17 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE...

Ola a todos:
Hoxe teño unha noticia regular: O Sorprendentest correspondente a esta semana vai quedar aprazado durante uns días. Síntoo!
Pero... tamén teño unha boa: Xa estamos preparando o seguinte!!!

Así pois, déixovos a pista para que vaiades pensando de quen pode tratarse.
 
O nome que buscades é a solución ao seguinte xeroglífico

 
 +

 
-
 
 

martes, 16 de abril de 2013

PALABRAS CON ENCANTO: CASTRELO

Dende onte hai unha nova Palabra con Encanto no mural da entrada.

Tedes que averiguar que é:

CASTRELO
  
Xa podedes ir traendo as vosas definicións e debuxos. Lembrade que todos os participantes teredes un pequeno agasallo!
 
Cando traiades os traballos, subirei algunha foto ao blog.
 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

lunes, 15 de abril de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: CROCODILO NAMORADO

Esta semana a recomendación lectora vai acompañada de dous enlaces: nun podedes ler o conto e no outro tedes a posibilidade de escoitalo e facer actividades nun xogo LIM.
O libro agárdavos na zona de Educación Infantil da Biblioteca.

CROCODILO NAMORADO
Daniela Kulot
Editorial Kalandraka (Factoría K de Libros)
(Educación Infantil)
Sinopse: Hai días que Crocodilo está inquedo. Ás veces ten frío, ás veces ten calor, ás veces está moi triste, e outras está tan contento que lle gustaría dar a unha aperta a todo o mundo. O que Ile pasa é que está namorado. Pero ten un problema...

Par ler o conto entrade no seguinte enlace: Conto Crocodilo namorado

Se queredes escoitalo e xogar clicade aquí: Xogos Crocodilo namorado

sábado, 13 de abril de 2013

VÍDEO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Hai uns días, os nenos e nenas de 6.º curso gravaron un vídeo moi útil no que presentan a nova Biblioteca de Sorpresiña e explican o seu funcionamento.
Non deixedes de velo para resolver todas as dúbidas que teñades sobre a Biblioteca.

 
Grazas a todos os nenos e nenas que colaboraron no gravación do vídeo e á profe Lucía Rielo que se encargou de organizar e realizar a actividade.
 
FANTÁSTICO TRABALLO!

viernes, 12 de abril de 2013

10.ª FRASE CÉLEBRE

Despois dunha semana sen frase célebre, aquí están de novo!!!
Coñecedes algún remedio para deixar de lado a tristeza? Si..., non... seguide lendo porque na frase célebre de hoxe tedes un bo consello.

"Nunca tuve una tristeza que una hora de lectura no haya conseguido disipar". Montesquieu (escritor y político francés)

miércoles, 10 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE... ÁLEX MÉNDEZ

Destes coa solución da pista? Era moi sinxela: aparecían 4 nomes de letras en inglés; traducíndoas e xuntándoas saía Álex, o protagonista do Sorprendentest desta semana. Ademais de ser seguidor do blog, é un dos nenos que máis desfruta dos ordenadores. Lede as súas respostas porque son moi interesantes!

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora de Infantil e a miña nai.

2. Cal é o teu libro favorito?
Os de Geronimo Stilton e Os Cinco.

3. Agora estás a ler...
Os Cinco.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Pinocho, porque é moi divertido e trata do amor dos pais.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaríalle o lugar a Os Cinco.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Que coidemos os libros e leamos todos!


A pista para o próximo Sorprendentest é:
 
¿Estáis?

lunes, 8 de abril de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: HOY TOCA CHOCOLATE

Esta semana recoméndovos un libro delicioso: Hoy toca chocolate.
Non deixedes de botarlle unha ollada porque ten mooooi boa pinta! Podedes atopalo no moble de novidades da Biblioteca que está na entrada.

HOY TOCA CHOCOLATE
Trinitat Gilbert/ Mariona Cabassa
Editoril La Galera
(Varias edades)
Sinopsis: Mmm. . . ¡chocolate! Seguro que lo has comido, te has embadurnado y has hecho mil delicias. Lo has comido caliente y helado. Marrón y blanco. Pero, ¿quieres saber más cosas? ¿De dónde proviene? ¿Por qué procesos pasa antes de convertirse en tabletas? ¿Qué tipos de chocolate hay?¡Ah! y puedes leer este libro con la boca llena.

viernes, 5 de abril de 2013

ABRIU A BIBLIOTECA DE SORPRESIÑA!!!


POR FIN CHEGOU O DÍA MÁIS ESPERADO DOS ÚLTIMOS TEMPOS:

HOXE ABRIU AS SÚAS PORTAS A NOVA BIBLIOTECA !!!
Había nervios, curiosidade, impaciencia... Cando chegou o momento, as caras dos nenos falaban por si soas.
A espera pagou realmente a pena pero... isto non remata aquí. O día 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, imos facer unha inauguración por todo o alto.  Preparade os vosos mellores traxes, porque estades todos invitados!!!
Aquí a tedes!
Quedou preciosa, verdade? 



Clicando no seguinte enlace podedes ver e descargar as fotos deste fantástico día:
Antes de despedirme quero dar as GRAZAS!!! a todas as persoas que colaboraron na súa elaboración.
Espero que sexa do gusto de todos e que a desfrutedes o máximo posible.

jueves, 4 de abril de 2013

SORPRENDENTEST DE... CLARA MOLDES

Conseguistes dar co nome do Sorprendentest desta semana? Xa estaba todo "aclarado" porque se trataba de Clara, unha nena alegre e divertida que sempre está rodeada de amigos.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A miña nai e a profe Cristina.

2. Cal é o teu libro favorito?
Junie B. Jones.

3. Agora estás a ler...
El diario de Greg.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Blancanieves.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os personaxes, o lugar…)

Cambiaríalle o lugar a Blancanieves.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Non se me ocorre ningún.


A vindeira semana fará o Sorprendentest:

ei + el + i + eks

CONTA ATRÁS PARA A NOVA BIBLIOTECA... 1

Queda...

      día.

lunes, 1 de abril de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: HUEVOS DE PASCUA

A piques de rematar as Vacacións de Semana Santa, a recomendación lectora plantexada esta semana ten moito que ver cuns doces típicos destes días: os ovos de Pascua. Desfrutade deles!

HUEVOS DE PASCUA
Graciela Beatriz Cabal
Editorial Alfaguara Infantil
(+ 6 años)
Sinopsis: Se acercaba el día de Pascua. Los chicos de Pueblopinto estaban tan entusiasmados que se pasaban todo el día con las narices pegadas a la puerta de la panadería. Sin embargo, sus madres y sus padres no tenían dinero para comprarles huevos de chocolate. Entonces, con mucha imaginación, todo el pueblo se reunió en la escuela y preparó una gran sorpresa..."

CONTA ATRÁS PARA A NOVA BIBLIOTECA... 4


Quedan...

   días.