miércoles, 27 de febrero de 2013

SORPRENDENTEST DE... EVA VILLANUEVA

Como xa vos dixen, esta semana inauguramos sección: "O Sorprendentest", un pequeno cuestionario sobre a lectura co que poderemos coñecer mellor aos nen@s do colexio.
Eva Villanueva, de 6.º curso, é a primeira alumna en contestar ás preguntas.
Se lestes as pistas, seguro que sabiades perfectamente de quen se trataba!
Aquí tedes o seu autorretrato e as súas respostas:

1.  Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Cristina.
 
2.  Cal é o teu libro favorito?
Diario de Greg.
 
3.  Agora estás a ler...
Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste.
 
4.  Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Peter Pan, porque é de aventura.

5.  Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os  personaxes, o lugar…)
Cambiaría Diario de Greg.
Faríao máis longo para entreterme máis.

6.  Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Neste momento, non se me ocorre ningún.


A vindeira semana é o turno de toda unha campioa de taekwondo. Ide pensando e, se queredes, podedes ir deixando as vosas propostas nos comentarios!

Feliz día a tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario