Hoxe tráiovos unha "sorpresiña". Que vos parecería poder coñecer un pouco mellor aos vosos compañeir@s do cole? Apetécevos?
Agora poderedes facelo a través do SORPRENDENTEST!
Cada semana, un/unha de vós contestará a 6 preguntas sobre os seus gustos pola lectura e realizará un autorretrato para acompañalo.
Os primeiros valentes en contestar serán os nenos e nenas de 6.º pero... de quen se trata?Pronto saberedes quen é.
Déixovos dúas pistas: é unha nena e encántalle xogar ao fútbol.
Esta semana comezamos!!!
Non vos perdades esta nova sección semanal!!!
como se hace el sorprende test???????????????????
ResponderEliminarÉ moi sinxelo. Cada semana un neno/a do colexio contesta ás preguntas nun folio e fai o seu autorretrato. Logo eu encárgome de poñelo no blog para que todos poidades lelo.
ResponderEliminarSó tes que esperar a que sexa o teu turno e... SORPRENDERNOS!
a vale muchas gracias
EliminarEspero que a explicación che resultara útil.
EliminarAgárdote no blog!
Sorpresiña.
como mola!!
ResponderEliminarA min tamén me gusta moito!
ResponderEliminarA vindeira semana un novo neno/a realizará o Sorprendentest. Podes ler a pista no Sorprendentest de María Clara.
Algúns xa adiviñaron de quen se trata!
Ata pronto.
Sorpresiña.