miércoles, 20 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO


Ola de novo!
Como xa sabedes, o día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, data que coincide co nacemento desta famosa escritora galega. Ademais, este ano cúmprense 150 anos da publicación da súa obra Cantares Gallegos.
Esta é unha ocasión fantástica para saber algo máis sobre Rosalía de Castro. Clicando nos seguintes enlaces podedes atopar unha gran cantidade de información:

Por certo, sei que estades a facer uns traballos moi interesantes nas aulas e que este venres, nun pequeno acto, leredes varias poesías e expoñeredes todos as actividades realizadas.
Seguro que o resultado é moi bonito!
Vémonos pronto.

Xa podedes ver e descargar as fotos do acto realizado no colexio. Clicade no seguinte enlace: Fotos Día Rosalía 2013

Aquí tedes a homenaxe realizada por Xaquín Xesteira e o seu grupo "Os Faíscas":

2 comentarios:

  1. si os traballos foron moi bonitos a pena foi que chovera

    ResponderEliminar
  2. Este ano, cada vez que organizamos unha activadade fóra vai mal tempo. Imos ir ao deserto; ao mellor arranxamos a sequía!
    De todos xeitos, a actividade foi moi bonita.
    Aproveita estes días para ver os traballos!
    Saúdos de Sorpresiña.

    ResponderEliminar