miércoles, 27 de febrero de 2013

SORPRENDENTEST DE... EVA VILLANUEVA

Como xa vos dixen, esta semana inauguramos sección: "O Sorprendentest", un pequeno cuestionario sobre a lectura co que poderemos coñecer mellor aos nen@s do colexio.
Eva Villanueva, de 6.º curso, é a primeira alumna en contestar ás preguntas.
Se lestes as pistas, seguro que sabiades perfectamente de quen se trataba!
Aquí tedes o seu autorretrato e as súas respostas:

1.  Lembras quen te ensinou a ler?
A profe Cristina.
 
2.  Cal é o teu libro favorito?
Diario de Greg.
 
3.  Agora estás a ler...
Kika Superbruxa no Salvaxe Oeste.
 
4.  Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Peter Pan, porque é de aventura.

5.  Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías?
(o final, os  personaxes, o lugar…)
Cambiaría Diario de Greg.
Faríao máis longo para entreterme máis.

6.  Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Neste momento, non se me ocorre ningún.


A vindeira semana é o turno de toda unha campioa de taekwondo. Ide pensando e, se queredes, podedes ir deixando as vosas propostas nos comentarios!

Feliz día a tod@s!

martes, 26 de febrero de 2013

NOVA SECCIÓN: SORPRENDENTEST

Ola de novo!
Hoxe tráiovos unha "sorpresiña". Que vos parecería poder coñecer un pouco mellor aos vosos compañeir@s do cole? Apetécevos?
Agora poderedes facelo a través do SORPRENDENTEST!
Cada semana, un/unha de vós contestará a 6 preguntas sobre os seus gustos pola lectura e realizará un autorretrato para acompañalo.
Os primeiros valentes en contestar serán os nenos e nenas de 6.º pero... de quen se trata?Pronto saberedes quen é.
Déixovos dúas pistas: é unha nena e encántalle xogar ao fútbol.
 
Esta semana comezamos!!! 
Non vos perdades esta nova sección semanal!!! 

lunes, 25 de febrero de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: LA RATITA PRESUMIDA

A recomendación lectora desta semana está dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil. Nesta ocasión, vai acompañada dun vídeo. Disfrutádeo!

LA RATITA PRESUMIDA
Editorial Combel
(A partir de 4 años)
Sinopsis: Érase una vez una ratita chiquitita muy presumida. Un día, barriendo la calle se encontró una moneda de oro. Empezó a idear en qué gastarla, y después de mucho pensarlo decidió comprarse un lazo para estar guapísima. Estaba tan guapa que le salieron muchos pretendientes pero... ¿le gustará alguno?

sábado, 23 de febrero de 2013

BENVIDO ÁLEX!

TEMOS UN NOVO SEGUIDOR DO BLOG!!!
Esta semana Álex, de 6.º curso, incorporouse ao grupo de seguidores. Coñecendo canto lle gustan os ordenadores, sabía que pronto o vería polo blog. 
Dende aquí douche unha gran BENVIDA!

ÁLEX


viernes, 22 de febrero de 2013

4.ª FRASE CÉLEBRE

Nos vos perdades a frase célebre desta semana!!! Lédea, relédea e recordádea porque quizais a vexades pronto nalgún lugar do cole.


"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho." Miguel de Cervantes

miércoles, 20 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO


Ola de novo!
Como xa sabedes, o día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, data que coincide co nacemento desta famosa escritora galega. Ademais, este ano cúmprense 150 anos da publicación da súa obra Cantares Gallegos.
Esta é unha ocasión fantástica para saber algo máis sobre Rosalía de Castro. Clicando nos seguintes enlaces podedes atopar unha gran cantidade de información:

Por certo, sei que estades a facer uns traballos moi interesantes nas aulas e que este venres, nun pequeno acto, leredes varias poesías e expoñeredes todos as actividades realizadas.
Seguro que o resultado é moi bonito!
Vémonos pronto.

Xa podedes ver e descargar as fotos do acto realizado no colexio. Clicade no seguinte enlace: Fotos Día Rosalía 2013

Aquí tedes a homenaxe realizada por Xaquín Xesteira e o seu grupo "Os Faíscas":

lunes, 18 de febrero de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: ROSALÍA DE CASTRO, ESCOLMA POÉTICA

A recomendación lectora desta semana ten un nome propio: ROSALÍA DE CASTRO.
O día 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA, data na que naceu esta ilustre escritora galega.
Ademais, este ano, cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (1863), unha das súas obras máis coñecidas.

ROSALÍA DE CASTRO, ESCOLMA POÉTICA
Imaxes de Belén Padrón
Factoría K de libros - Colección "Trece Lúas"
                                      (dende 8 anos)
Sinopse: selección de 13 poemas da obra poética de Rosalía de Castro (Cantares Gallegos, Follas Novas...) que reflexan o seu amor pola terra, a "morriña", a beleza da paisaxe, etc.

viernes, 15 de febrero de 2013

3.ª FRASE CÉLEBRE

A frase desta semana pertence a un autor descoñecido. A idea que conta é moi interesante e creo que paga a pena incluíla dentro do blog para compartila con todos vós.

"No leas porque te sientes obligado, lee porque lo que sientes es entusiasmo". Autor descoñecido

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

 
O Entroido deste ano foi ESPECTACULAR! Que disfraces tan bonitos e chamativos!
O tema elixido non foi outro que "As profesións dos contos" e unha vez máis os mestr@s puxeron toda a súa imaxinación en marcha para elaborar os disfraces:

  • Educación Infantil: soldadiños e bailarinas. Conto: "O soldadiño de chumbo"
  • 1.º ciclo: mariñerios. Conto "Simbad O Mariño".
  • 2.º ciclo: magos. Conto "O mago Merlín".
  • 3.º ciclo: mosqueteiros e mesoneiras. Conto "Os tres mosqueterios".
A festa deu comezo cun fantástico desfile e rematou cunha deliciosa degustación de postres achegados polas familias.
Para lembrar este día, podedes ver e descargar as fotos ciclando neste enlace Fotos Entroido 2013 ou velas a través do seguinte vídeo:




GRAZAS A TODOS POR ESTA FERMOSA MAÑÁ!

lunes, 11 de febrero de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: TALLER DE CORAZONES

Que pensariades se nun taller en lugar de arranxar zapatos, paraugas ou mobles arranxaran corazóns? Non vos perdades esta fermosa historia chea de tenrura e simbolismo!

TALLER DE CORAZONES
Arturo Abad y Gabriel Pacheco
OQO Editora
(+ 8 años)
Sinopsis: Cuando llega la noche y el silencio de los soñadores inunda la ciudad, del taller de corazones surgen misteriosos sonidos, porque... Matías tiene un secreto.
Taller de corazones recrea una artesanía maravillosa en la que no se arreglan zapatos, ni paraguas, ni se restauran muebles o se zurcen descosidos pantalones. Matías, el protagonista, repara —con el mismo mimo y cuidado que pone todo artesano— corazones dañados.
Su trabajo nada tiene que ver con el de un cardiólogo ni su taller con un quirófano. Con una estufa de leña calienta corazones helados; con agujas de plata cose corazones rotos; y con unas pinzas de olvido ajusta la hora de corazones que atrasan para que no se entristezcan con los recuerdos del pasado.

viernes, 8 de febrero de 2013

2.ª FRASE CÉLEBRE

A frase célebre desta semana pertence a un dos escritores máis importantes do século XX.

"Hay quienes no pueden imaginar un mundo sin pájaros; hay quienes no pueden imaginar un mundo sin agua; en lo que a mi se refiere, soy incapaz de imaginar un mundo sin libros". Jorge Luis Borges

E ti...serías capaz de imaxinar un mundo sen libros?

jueves, 7 de febrero de 2013

O CARTEL DE MARIÑA

Xa sabedes que Mariña é unha das maiores seguidoras de "Case por sorpresa". Hai uns días atopou un cartel moi chulo para poñer no blog. Despois de facermo chegar... aquí o tedes!                    
                                                           ÑAM, ÑAM!
GRAAAAZAS Mariña polas túas achegas e por querer compartilas con todos nós.
Vémonos pronto!

miércoles, 6 de febrero de 2013

BENVIDAS MARIÑA E ALBA!

Que tal amig@s?
Cantas sopresas! Dúas das vosas compañeiras de 6.º curso fixéronse seguidoras do blog. A primeria delas foi Mariña e esta semana engadiuse Alba.
Puxeron unhas imaxes moi simpáticas xunto ao seu nome! Podedes velas no apartado "Seguidores", na parte inferior da marxe dereita.
Para elas vai a miña benvida. Espero que vos guste!

lunes, 4 de febrero de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

A recomendación lectora desta semana vai dirixida aos máis cativos do cole: o alumnado de Educación Infantil. Se seguides lendo comprobaredes que ten moito que ver cunha festa que está a piques de chegar e que todos esperades con impaciencia.

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES
Marianne Dubuc

Editorial Juventud
(Educación Infantil)
Sinopsis: ¡Llega el carnaval! Los animales se preparan, cada uno se disfraza. Pero ¿de qué? ¡Adivina! Un libro de imágenes divertidas y llenas de color. Para leer, para jugar, solo, en compañía... ¡Todo vale en carnaval!

viernes, 1 de febrero de 2013

INAUGURACIÓN DAS FRASES CÉLEBRES

Bos días!
A semana está a piques de rematar así que, como despedida, gustaríame publicar unha frase célebre relacionada coa lectura que vos fixese reflexionar un pouquiño.

Hoxe inauguramos esta nova sección do blog coa 1.ª frase célebre do ano:

“Para viajar lejos, no hay mejor nave que un libro”. Emily Dickinson

Espérovos todos os venres con novas frases!
Ata pronto.