O Nadal está a piques de chegar, así que durante o mes de decembro recomendareivos libros relacionados con esta celebración. O protagonista desta semana é O APALPADOR, un personaxe da cultura tradicional galega olvidado durante un tempo e agora recuperado con gran interese. Espero que vos guste!!!
Ilustraciones de Xoán G.
Biblos Clube de Lectores. Pontevedra, 2009
SIPNOSE: O Apalpador vive no Courel dende fai tanto tempo que ninguén sabe os seus anos. Pasa o día recollendo madeira e no outono aproveita a viaxe para ir ás castañas. Na casa, talla con moito agarimo a madeira máis seca e de mellor calidade e así fai xoguetes un día e outro… No Nadal baixa barbado, con cachimba apagada, boina e zocos, ás casas de Galicia, espera a que os nenos e nenas se queden dormidos e sen espertarlos, pálpalles as barriguiñas para ver se están ben alimentados, desexando que así estén todo o ano. Antes de irse déixalles un puñado de castañas na mesiña e regalos escondidos por toda a casa, para que ao levantarse xoguen a encontrarlos.
O grupo musical MALVELA adicoulle unha canción ao Apalpador...
Animádevos e escoitádea!!!!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario