sábado, 21 de diciembre de 2013

31ª FRASE CÉLEBRE

Hoxe despedimos a semana e o trimestre cunha frase que non sei se será moi célebre, pero dende logo é máis que divertida.

Que opinades? 
Animádevos a deixar os vosos comentarios!!!


FELICES VACACIÓNS!!!

jueves, 19 de diciembre de 2013

SORPRENDENTEST DE LAURA ABAL AGUÍN

. Lembras quen te ensinou a ler? 
 Miña nai

2. Cal é o teu libro favorito? 
O  meu libro favorito é "Secretos do Poni Club"

3. Agora estás a ler...
Agora mesmo  estou lendo Secretos do Poni Club

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que? 
Agora mesmo non me acordo de ningún conto clásico  pero o que máis me gusta é o que estou lendo que xa citei anteriormente.
  
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…) 
Cambiaría  o lugar do libro que  estou a ler agora Secretos de Poni Club

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura. 
Ler  é moi interesante  e levate a outro mundo.

¿Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana?  poi ahí vos vai a pista.....o seu nome tamén o ten a directora deste colexio........ moi  moi fácil...........!!!!!!!!!!!!!!.non vos queixedes......!!!!!!!!!!!!!!!!!




martes, 17 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA O APALPADOR vs PAPÁ NOEL Nº 1


Esta semana recomendámosvos un libro relacionado cun personaxe que xa vos presentei anteriormente "o  Apalpador" ¿queredes descubrir  a primeira aventura  do apalpador e os seus amigos  nos bosques do Courel donde suceden cousas moi extrañas?

Espero que vos guste!!

Autor: Fernando M. Cimadevila e José Angel Ares
 ISBN: 978-84-939712-1-2
Editado por: Contos Estraños Editora
  •  

Sipnosis
    • Nos misteriosos bosques do Courel están acontecendo cousas moi estrañas. Cando o elfo explorador Dintandalius decide averiguar que sucede, atópase ca axuda dunha rapaza chamada Noa. Ambos emprenden unha fantástica viaxe na procura do gardián do bosque, un xigante coñecido como O Apalpador. Noa pronto descubrirá que aquela fraga esconde un mundo máxico como nunca puido imaxinar.

      Unha visión moderna, desenfadada e divertida do Apalpador. Na que ademais atoparemos xogos didacticos e información relativa as terras do Courel, os magostos, as castañas etc

sábado, 14 de diciembre de 2013

30ª FRASE CÉLEBRE


A frase célebre desta semana  e de Mario Vargas Llosa, un escritor hispano-peruano, é  un dos máis importantes novelistas  e ensaistas contemporáneos. A súa  obra ten   numerosos premios, entre os que destacan o Nobel de Literatura en 2010, o Premio Cervantes 1994 e o   Premio Príncipe de Asturias das Letras 1986, entre outros. Pasou a súa infancia entre Bolivia e Perú; trasladouse a París e posteriormente a Madrid, cidade donde cursou estudos e publicou o  seu primeiro libro. Desde 1984 é membro da Real Academia Española.

Espero que vos guste!!!!

"Nada enriquece tanto los sentidos, la sensibilidad, los deseos humanos, como la lectura. Estoy completamente convencido de que una persona que lee, y que lee bien, disfruta muchísimo mejor de la vida, aunque también es una persona que tiene más problemas frente al mundo."

jueves, 12 de diciembre de 2013

SORPRENDENTEST DE LUCÍA GARCÍA

1. Lembras quen te ensinou a ler? 
A miña profesora do centro de educación infantil chamado "Jardilín"

2. Cal é o teu libro favorito? 
O  meu libro favorito é "El tiempo entre costuras".

3. Agora estás a ler...
Agora mesmo non estou lendo nada;vou empezar a ler"50 sombras de GREY"

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que? 
Os tres porquiños xa que trata o tema do esforzo e a relación entre irmáns.
  
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…) 
Cambiaría  o final do "Rey León" xa que non morrería o pai de  Simba....e ao mellor tamén cambiaría algún personaxe ( sobre todo os malos!!!!)

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura. 
Ler enriquece moito a quen está lendo, e levate a mundos diferentes segundo o libro que estés lendo.


¿Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana?  poi ahí vos vai a pista.....o seu nome o revés  e este  ARUAL moi  moi fácil...........!!!!!!!!!!!!!!.non vos queixedes......!!!!!!!!!!!!!!!!!



lunes, 9 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: NOITE DE REIS EN KALPANKALÁ

Seguimos celebrando o  Nadal con Noite de Reis en kalpankalá un  libro de Xosé Antonio Perozo  que nos conta un extraño roubo que lle ocorre a Papá Noel e os Reis Magos.

Espero que vos guste!!!!


Xosé Antonio Perozo: Noite de Reis en Kalpankalá
Ilustraciones de Mª Fe Quesada
Col. Montaña Encantada. Serie Verde. Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2006







SIPNOSIS

Aquel Nadal do derradeiro ano do século ía ser diferente para todos os nenos da cidade de Viladeteixo, tanto para os que vivían nos barrios máis ricos coma para os da zona máis pobre: Kalpankalá. Papá Noel e os Reis Magos son vítimas dun estraño roubo, que só pode ser resultado dunha das xenialidades da avoíña estrafalaria que todos coñecen co alcume de Rosana Patacatola.





viernes, 6 de diciembre de 2013

29.ª FRASE CÉLEBRE


Esta semana déixovos cunha frase de José de Sousa Saramago un escritor, novelista, poeta, periodista e dramaturgo portugués. En 1998 outorgáronlle o Premio Nobel de Literatura. A Academia Sueca destacou a sua capacidade para «volver comprensible una realidad huidiza, con parábolas sostenidas por la imaginación, la compasión y la ironía».




"Hay quién pasa la vida leyendo sin conseguir nunca ir más allá de la lectura, se quedan pegados a la página, no entienden que las palabras son sólo piedras puestas atravesando la corriente de un río. Si están allí es para que podamos llegar al otro margen, la otra margen es lo que importa."
                                                 José Saramago

SORPRENDENTEST DE... DOEL MARTÍNEZ

1. Lembras quen te ensinou a ler? 
A  miña nai e o meu pai. 

2. Cal é o teu libro favorito? 
Os contos de Pokemon de animais e moitos máis. 

3. Agora estás a ler...
El traje nuevo del emperador.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que? 
O Patiño feo, porque só por ser feo non se pode despreciar a ninguén.
  
5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…) 
Cambiaría un de Pokemon, para ser eu o protagonista. 

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura. 
Cando lees entras nun mundo máxico e lendo cometes menos erros ao escribir.



¿Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana?  Temosvos  unha sorpresa,non é un alumno/a senón  que é unha profesora,....si..si..unha profe........e claro queredes unha pista...  ¿non?.Pois ahí a tedes leva case sempre un silbato..¿Por qué será?








lunes, 2 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: O APALPADOR

O Nadal está a piques de chegar, así que durante o mes de decembro recomendareivos libros relacionados con esta celebración. O protagonista desta semana é O APALPADOR, un personaxe da cultura tradicional galega olvidado durante un tempo e agora recuperado con gran interese. Espero que vos guste!!!

Xoán G.: O Apalpador
Ilustraciones de Xoán G.
Biblos Clube de Lectores. Pontevedra, 2009

SIPNOSE: O Apalpador vive no Courel dende fai tanto tempo que ninguén sabe os seus anos. Pasa o día recollendo madeira e no outono aproveita a viaxe para ir ás castañas. Na casa, talla con moito agarimo a madeira máis seca e de mellor calidade e así fai xoguetes un día e outro… No Nadal baixa barbado, con cachimba apagada, boina e zocos, ás casas de Galicia, espera a que os nenos e nenas se queden dormidos e sen espertarlos, pálpalles as barriguiñas para ver se están ben alimentados, desexando que así estén todo o ano. Antes de irse déixalles un puñado de castañas na mesiña e regalos escondidos por toda a casa, para que ao levantarse xoguen a encontrarlos.

O grupo musical MALVELA adicoulle unha canción ao Apalpador...

                                             Animádevos e escoitádea!!!!!!!!!!!!!!!!!!