Como ben sabedes, esta semana imos celebrar no cole a...
I SEMANA DE ARTE NA ESCOLA
A arte estará presente en moitos recunchos do centro. Faremos exposicións de cadros, esculturas... Ata temos preparada unha actividade xenial relacionada cos "graffitis". Mirade ben o muro da entrada, porque quizáis pronto cambie o seu aspecto!!!
A nova recomendación lectora serviravos para achegarvos ao mundo da pintura. Trátase dunha
explicación adaptada ao público infantil sobre 18 obras da Historia do
Arte, con pintores como Da Vinci ou Picasso.
MIRAR A PINTURA A TRAVÉS DOS SÉCULOS
Factoría K de libros - Kalandraka
(Idade recomendada: a partir de 7 anos)
Sinopse: Este libro é, desde o comezo, unha festa para ollos, un gozoso achado de 18 obras mestras da pintura. Entrade e paseade polos cadros, observade as cores, examinade os detalles ampliados... Despois, divertídevos levantando as lapelas para descubrir os textos ocultos que nos invitan a mirar, xogar, e que aclaran a lectura dos cadros.
Un libro de arte para saborear en familia.