sábado, 26 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de Xaneiro 
conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se vén celebrando dende 1964.
No cole non podiamos esquecernos deste día, así que, polo que puiden enterarme, este ano ides facer unha actividade moi fermosa.
Que sucedería se entre todos plantásemos mensaxes en favor da Paz? Quizais... todo iría moito mellor.
Por certo, que tal se vos dá cavar? Nuns días saberedes de que estou a falar.
Ide preparando a vosa imaxinación!!!
Antes de despedirme, déixovos varios enlaces relacionados coa PAZ. Se clicades sobre eles entraredes directamente nas páxinas web.
Espero que vos gusten!

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/diapaz

http://www.orientacionandujar.es/category/para-maestros-y-profesores/dias-especiales/paz/

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html

https://plus.google.com/photos/103326635957143185347/albums/5398377361092527137?banner=pwa#photos/103326635957143185347/albums/5398377361092527137?banner=pwa

A finais da semana que vén intentarei subir as fotos que fagan os profes para que poidades botarlle unha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario