lunes, 21 de enero de 2013

CARTA DE PRESENTACIÓN

Ola a tod@s!
Antes de seguir escribindo gustaríame presentarme. O meu nome é Sorpresiña e son a mascota da vosa Biblioteca. Seguro que algúns de vós xa me coñecedes, pero outros aínda non, así que, a partir de agora, verédesme máis a miúdo.
Este ano vén cargado de moitas noticias e novidades. A primeira delas é a que estades a ver agora mesmo: o blog da Biblioteca. Nel poderedes poñervos ao día coas actividades da Biblioteca e do centro, veredes fotos, haberá entrevistas... e moitas cousas máis. Espéranvos sopresas todas as semanas!
Non me podo esquecer de dicirvos que a nova Biblioteca aínda non está rematada, pero seguro que a espera paga a pena. Un segredo... "Está a quedar xenial".
Visitade o blog e participade deixando os vosos comentarios! Eu contestareivos o antes posible.
Espérovos a todos no blog e na Biblioteca! 

5 comentarios:

  1. cuando habre la biblioteca?????????
    :)

    ResponderEliminar
  2. Xa falta moi pouquiño!
    Sei que estades desexando ver a nova Biblioteca, pero a espera vai pagar a pena.
    Non quero estragar a sorpresa, así que só che podo dicir que está a quedar xenial!
    A min encántame!
    Sorpresiña.

    ResponderEliminar
  3. o pouco que a vin por dentro gustoume moito
    XD

    ResponderEliminar
  4. e que estou moi impaciente xp

    ResponderEliminar
  5. por certo como se fai un socio?

    ResponderEliminar