jueves, 31 de enero de 2013

FOTOS DO DÍA DA PAZ 2013

Ola a tod@s:
Tal como vos prometín a semana pasada, aquí tedes as fotos do Día da Paz.
Foi unha mágoa non poder realizar os xogos por culpa do mal tempo; aínda así, e a pesar do frío, a actividade de plantar as mensaxes foi preciosa.
Espero que crezan cousas moi boas para cada un de vós!

Clicade en play para comezar a ver o vídeo ou neste enlace Fotos Día da Paz 2013 para velas de xeito individual e poder descargalas.

lunes, 28 de enero de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: EL PEQUEÑO LIBRO DE LA PAZ

Aproveitando que estamos na semana da Paz e que Geronimo Stilton é un dos vosos personaxes preferidos, aquí tedes a primeira recomendación lectora:
EL PEQUEÑO LIBRO DE LA PAZ
Stilton, Geronimo
Editorial Planeta, 2003
(A partir de 8 años)
Sinopsis: "Hace algunos días, mi sobrino Benjamín al volver de la escuela me preguntó por qué no todos los pueblos viven en paz. Entonces me senté en el sofá a su lado. Le di un abrazo muy fuerte para que sintiese que estaba cerca, e intenté explicarle, a mi manera, qué es la paz".

sábado, 26 de enero de 2013

DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de Xaneiro 
conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, que se vén celebrando dende 1964.
No cole non podiamos esquecernos deste día, así que, polo que puiden enterarme, este ano ides facer unha actividade moi fermosa.
Que sucedería se entre todos plantásemos mensaxes en favor da Paz? Quizais... todo iría moito mellor.
Por certo, que tal se vos dá cavar? Nuns días saberedes de que estou a falar.
Ide preparando a vosa imaxinación!!!
Antes de despedirme, déixovos varios enlaces relacionados coa PAZ. Se clicades sobre eles entraredes directamente nas páxinas web.
Espero que vos gusten!

http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/diapaz

http://www.orientacionandujar.es/category/para-maestros-y-profesores/dias-especiales/paz/

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2012/01/wangari-y-los-arboles-de-la-paz.html

https://plus.google.com/photos/103326635957143185347/albums/5398377361092527137?banner=pwa#photos/103326635957143185347/albums/5398377361092527137?banner=pwa

A finais da semana que vén intentarei subir as fotos que fagan os profes para que poidades botarlle unha ollada.

viernes, 25 de enero de 2013

GRAZAS POLA ACOLLIDA

Parece que lle fixéchedes caso á nota que vos entregaron hoxe @s profes da miña parte.
O número de visitas do blog subiu de golpe e ata xa hai un comentario!
A primeira valente en deixarme o seu foi Mariña de 6.º curso, así que animádevos e deixade as vosas opinións.
Para que ninguén se esqueza de onde pode encontrarme, haberá moitos anuncios repartidos por todo o cole.
                                                                                                    Grazas por todas as visitas!!!

jueves, 24 de enero de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Que tal foi o día? Espero que todos pasarades unha xornada estupenda!
Hoxe quero informarvos dunha nova sección do blog. Trátase das "Recomendacións lectoras".
Cada luns recomendareivos un libro moooooi interesante. Así que xa sabedes...
Ata pronto!!!

lunes, 21 de enero de 2013

CARTA DE PRESENTACIÓN

Ola a tod@s!
Antes de seguir escribindo gustaríame presentarme. O meu nome é Sorpresiña e son a mascota da vosa Biblioteca. Seguro que algúns de vós xa me coñecedes, pero outros aínda non, así que, a partir de agora, verédesme máis a miúdo.
Este ano vén cargado de moitas noticias e novidades. A primeira delas é a que estades a ver agora mesmo: o blog da Biblioteca. Nel poderedes poñervos ao día coas actividades da Biblioteca e do centro, veredes fotos, haberá entrevistas... e moitas cousas máis. Espéranvos sopresas todas as semanas!
Non me podo esquecer de dicirvos que a nova Biblioteca aínda non está rematada, pero seguro que a espera paga a pena. Un segredo... "Está a quedar xenial".
Visitade o blog e participade deixando os vosos comentarios! Eu contestareivos o antes posible.
Espérovos a todos no blog e na Biblioteca!