Coa finalidade de celebrar a diversidade e os dereitos das persoas “Transxénero, Transexuais ou aquelas que non se rexen polos estereotipos de xénero preestablecidos” levamos a cabo, desde o Departamento de Orientación, unha charla nos niveis de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Abrindo unha fiestra cara unha inclusión efectiva e positiva o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha curta para contribuír a desmontar mitos e fomentar a non discriminación deste colectivo.
Paralelamente, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a gravación da lectura de dous contos “Ahora me llamo Luisa” e “Vivan las uñas de colores” para o noso alumnado de Educación Infantil .
Aquí vos deixamos o traballo realizado “Divers@s somos Tod@s”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario