jueves, 23 de diciembre de 2021

Educación Infantil CORO DAS EMOCIÓNS

 Actuación do alumnado de Educación Infantil dentro do programa de estimulación da creatividade de #educacionresponsable da @fundacionbotin





miércoles, 13 de octubre de 2021

Benvidos de novo

 Ola nenos, nenas e familias!

Estamos de volta no blogue con moi boas novas.

Este ano o noso Proxecto Documental Integrado é sobre o cine polo que, desde o Equipo da Biblioteca, decidimos mergullarnos de cheo no mesmo e comezar con esta aventura titulada...


De que credes que se trata?

Lémbravos a algo coñecido?

Agardamos as vosas resposta con moitas ganas e desexamos que este proxecto vos faga tanta ilusión coma nos fai a nós.

Estade moi atentos/as porque en breves teredes máis información.

Moitas grazas por acompañarnos un curso máis!


Ata mañá! 

 

martes, 22 de junio de 2021

Quérote máis

 Por fin xa temos o vídeo que queremos compartir con todos en homenaxe aos nosos alumnos e alumnas neste ano no que foron uns verdadeiros CAMPIÓNS!




 
 


lunes, 21 de junio de 2021

Festival Fin de curso 2020-21

Ola a todos e todas! Pouquiño a pouco, chegamos ao final deste curso tan diferente. Queremos compartir con todos  as actuacións destes grandes artistas. Esperamos que disfrutedes!  Aínda temos outra sorpresa que compartiremos moi pronto, estade atentos!












jueves, 29 de abril de 2021

XOGAMOS!

Na clase de 6º de Ed. Primaria elaboramos uns xogos para conmemorar este ano xacobeo, traballando no Proxecto Documentado Integrado do Centro "Sorpresiña fai o camiño"!

O traballo consta de dous xogos: un para os máis cativos (Ed. Infantil) e outro para os máis maiores (Ed. Primaria). Premede nos enlaces para entrar! Aínda que podedes participar todos/as😉

Ed. Infantil: RECOLLER CUNCHAS (premer na bandeira verde)

Ed. Primaria: PASAPALABRA (premer no botón de play)

XOGA CON NÓS E DESFRUTADE!



martes, 27 de abril de 2021

Día do Libro

 Dentro das actividades polo Día do Libro , tivemos a sorte de ter unha visita inesperada: Os PIÑEIRIÑOS estiveron no cole cantando e bailando 👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼. Temos que lles dar as grazas por deixarnos compartir a súa actuación con todos vós. 



Adiviña o camiño!

Ola de novo!Hoxe os nenos e nenas de quinto de primaria danvos unhas pistas para descubrir  de que  camiño  a Santiago se trata. Adiviñádelo?

Clica na imaxe para xogar.



 

Camiño Portugués

 Hoxe tócanos a 4° de Primaria presentar o noso camiño, "O Camiño Portugués". Desexamos que vos guste.



lunes, 26 de abril de 2021

PASAPALABRA DO CAMIÑO (PARTE II)

 Este ano 2021 con motivo do ano Xacobeo, os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria realizamos o noso propio pasapalabra relacionado co Camiño de Santiago. Atrévete a participar con nós nesta actividade! Déixanos as respostas no apartado de comentarios. 






Agardámosvos a próxima semana con novas palabras!


Ruta do Pai M.Sarmiento

Hoxe son os alumnos e alumnas de 3º de primaria os que os van levar por esta  fermosa  ruta que se achega ás terras do Salnés.  Esperamos que disfrutedes da viaxe!



viernes, 23 de abril de 2021

Seguimos camiñando!!!

Hoxe son os alumnos e alumnas de 2.º de Primaria os encargados de ensinarvos o seu traballo sobre o Camiño Primitivo, a primeira ruta existente cara a Santiago de Compostela. Disfrutádeo!



jueves, 22 de abril de 2021

Pasiño a pasiño....

 Pasiño a pasiño imos  facendo o camiño. Hoxe son os alumnos e alumnas de 1º de primaria os que nos levarán polo  Camiño do Norte. Anímaste a facelo con eles? 



miércoles, 21 de abril de 2021

Semana do libro

 Hoxe son os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil os encargados de que coñezades un pouquiño máis a Vía da Prata, a súa xeografía, a súa gastronomía e os monumentos que atoparedes se facedes  este camiño.  Que teñades un bo camiño!



martes, 20 de abril de 2021

Continuamos coa semana do libro!

 Continuamos coas sorpresas da Semana do libro!

Hoxe é o turno dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos) que vos amosarán as cidades máis coñecidas nas etapas do camiño xacobeo de maior percorrido... O CAMIÑO VÍA DA PRATA!

Invitámosvos a  coñecer as festas populares máis importantes destes lugares con esta trepidante historia que se titula...

CANDI E O SANTO GRIAL.

Esperamos que vos guste moito!!







lunes, 19 de abril de 2021

Arrancamos a Semana do Libro con moitas sorpresas!



Comezamos a Semana do Libro amosándovos a investigación que fixeron e todo o que aprenderon os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil sobre a Ruta Vía da Prata relacionada co Produto Documental Integrado do Camiño de Santiago que levamos a cabo na escola.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!



viernes, 16 de abril de 2021

Animación á lectura

 Hoxe temos un agasallo moi especial que queremos compartir con toda a comunidade educativa: Nuria e Martina contan a  historia dunha araña con moito  medo....





Bookface

 A recomendación lectora de Goyo, Lúa, Fabián , Lucas e Zaira é .....






jueves, 15 de abril de 2021

PASAPALABRA DO CAMIÑO

Este ano 2021 con motivo do ano Xacobeo, os alumnos/as de 6º de Ed. Primaria realizamos o noso propio pasapalabra relacionado co Camiño de Santiago. Atrévete a participar con nós nesta actividade! Déixanos as respostas no apartado de comentarios. 😊





Volvemos a próxima semana con outras catro palabras máis!
Os alumnos/as de 6º E.P.

 

miércoles, 14 de abril de 2021

Bookface

 Hoxe  foron  Hugo, David e Pablo de 6º de primaria os encargados do bookface. 





O autor desde libro é Xoán Babarro González que naceu en 1947 en Calvelo de Maceda. Actualmente, é profesor de galego en ensino secundario e autor de numerosas obras para nenos e rapaces. 



jueves, 25 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANSXÉNERO

 Coa finalidade de celebrar a diversidade e os dereitos das persoas “Transxénero, Transexuais ou aquelas que non se rexen polos estereotipos de xénero preestablecidos” levamos a cabo, desde o Departamento de Orientación, unha charla nos niveis de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Abrindo unha fiestra cara unha inclusión efectiva e positiva o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha curta para contribuír a desmontar mitos e fomentar a non discriminación deste colectivo.

Paralelamente, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a gravación da lectura de dous contos “Ahora me llamo Luisa” e “Vivan las uñas de colores” para o noso alumnado de Educación Infantil .

Aquí vos deixamos o traballo realizado “Divers@s somos Tod@s”.

 

  

 

 










jueves, 18 de marzo de 2021

Entroido

Este ano o Entroido estivo relacionado co proxecto da biblioteca “Sorpresiña fai o camiño”. Ao longo  da semana fixemos os disfraces ,os decorados  e obedecimos os mandados do Meco .Así foi o resultado:








Usando o disfraz que levaron para casa , fixeron un novo para vir doutro lugar e conseguir o carnet de peregrino e un pequeño agasallo  polo  esforzo realizado.






Carreira pola solidaridade

 Un ano máis fixemos  a carreira solidaria en colaboración con Save the Children. Este  ano non tivemos público, por eso queremos compartir este vídeo con toda a nosa comunidade educativa que sempre está apoiando  todas as actividades que desenvolvemos. 



ENGLISH BOOKS

 Ola, xa estamos aquí de novo para compartir novas e un conto en inglés. Mia e Paola foron hoxe as encargadas da tarefa.





miércoles, 10 de marzo de 2021

Bookface

 Hoxe publicamos esta increíble foto feita por Lúa, Goyo e Fabiån de 5º curso. Esperamos que vos guste e que veñades a ler o novo libro de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes.




Amanda ten 13 años e é a protagonista deste libro de acción e misterio. Podes ver o booktrailer no  seguinte vídeo :




domingo, 7 de marzo de 2021

Día da Muller 8 de marzo

 Este ano , cada curso investigou cando se foron incorporando as mulleres aos diferentes traballos e como as representan os nenos e nenas.  









E os vídeos














martes, 23 de febrero de 2021

Día de Rosalía

 O 24 de febreiro recordamos a nosa gran poeta Rosalía De Castro que naceu tal día  no ano 1837. Este ano compartimos un vídeo da canción Negra Sombra  en lingua de signos na que participou todo o alumnado.Estamos moi orgullosos do resultado, esperamos que disfrutedes .



miércoles, 3 de febrero de 2021

E ti... QUE LES?

Outra vez mércores! Así que aquí están as recomendacións que máis nos gustan…

AS VOSAS PROPOSTAS DE LECTURA!

Hoxe é LINA quen nos achega un conto moi insteresante para ler na casa.


Clicka no enlace para ver o vídeo de Max e os superheroes.

Max e os superheroes

 Esperamos que vos guste!!


Seguide enviando as vosas fotos, encántanos que vos guste tanto ler!

Vémonos o vindeiro mércores!

viernes, 29 de enero de 2021

DÍa da Paz 2021

 Este año celebramos este día de xeito  especial, fixemos entre todos un vídeo con canción de Mamá Cabra. Compartimos todos os vídeos e o resultado final. Esperamos que disfrutedes !

“NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ,

A PAZ É O CAMIÑO!”

Gandhi

4º Educación Infantil 


5º Educación Infantil 


6º Educación Infantil


1º Primaria


2º Primaria



3º Primaria 


4º Primaria 


5º Primaria


6º Primaria 


E o resultado final foi......








jueves, 28 de enero de 2021

Bos días nen@s do Ceip Plurilingüe Nantes, hoxe inauguramos sección neste divertido blogue. Imos a investigar quen é esta personaxe...

 

miércoles, 27 de enero de 2021

E TI... QUE LES??

 Aquí estamos outro mércores máis recomendacións lectoras máis molonas do cole!

Hoxe son Óscar e Simón os que nos achegan súper ideas para desfrutar na casa.


Clicka no enlace para ver o vídeo de A mellor sopa do mundo.

A mellor sopa do mundo

Esperamos que vos guste!!

Seguide enviando as vosas fotos, encántanos que vos guste tanto ler!

Vémonos o vindeiro mércores!


miércoles, 20 de enero de 2021

E ti... QUE LES?

 

Ola! É mércores… O día de recomendacións lectoras do noso alumnado!

Hoxe son Clara e Alicia as que inauguran a sección este curso.


Clicka no enlace para ver o vídeo de Oso Atrapabolboretas.


Esperamos que vos guste!!

Seguide enviando as vosas fotos, encántanos que vos guste tanto ler!

Vémonos o vindeiro mércores!