miércoles, 17 de junio de 2020


Nesta última semana de cole queriamos darvos dende a biblio as grazas a todas as familias polo traballo realizado dende os fogares en coordinación cos mestres do cole. As nenas e os nenos moven o mundo, son creadores de novos mundos, son futuro de novas esperanzas e neles temos que confiar. 

Agora mesmo tócanos a nós suxeitalos e ensinarlle as estratexias que precisan para que nun futuro poidan eles levar o peso sobre os seus ombreiros. É tamén agora que nos toca a nós coidar deste mundo do que falabamos para que o día de mañá eles teñan un mundo que coidar e onde vivir con calidade e esperanza, sendo conscientes e responsables, sabendo que está  nas súas mans o coidado e herdanza para os seus fillos e os fillos dos seus fillos.

Con moito cariño, Sorpresiña e o equipo de bibllioteca do cole vos deixan por agora un novo conto contado para as familias. GRACIAS!

No próximo curso máis! 
Gozade, lede e vivide.







2 comentarios:

  1. Precioso, encántame!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias!!! Esta fantástica adaptación do conto "Un puñado de botones" de Carmen Parets, foi realizada por Silvia Alonso Figueroa e Manuel Santomé Pastoriza, aos que agradecemos moitísimo que a compartisen con todos nós! ;)

      Eliminar