viernes, 29 de mayo de 2020

E ti....Que les?

Ola, xa estamos a venres ! Hoxe, son Xoán e Matías os que fan as recomendacións lectoras. Esperamos que vós gusten!



jueves, 28 de mayo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Resolvemos as adiviñas da semana pasada e imos con outras novas:
1. O RELOXO.
2. A RA.
3. MARIO.
4. O CASTOR.

Fantásticas as vosas respostas :)  
Seguide a participar coas que se plantexan a continuación:
E.I.: - Branca por dentro, verde por fóra. Se non sabes, espera. ¿Que é?
1º-2º E.P.: Cabeza de ferro, corpo de madeira, se te piso un dedo, ¡menudo berro pegas!
3º-4º E.P.: Son fermoso por diante e algo feo por detrás, transfórmome a cada instante xa que imito aos demais. ¿Sabes quen son?
5º-6º E.P.: Sobre dúas patas, camiña esta ave, cor branca e negra, de pelaxe suave, se te descuidas, róubache a chave.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Contacontos en inglés!

Ola, ola!!!

Vaia sorpresa que vos traio hoxe!! Vaia se vos vai gustar, iso si que o sei eu!!! 
Eu quedei súper contenta cando recibín este conto contado nada máis e nada menos que por...

Mellor premede na imaxe e escoitade, escoitade!! Ides saber quen é deseguido! 
SORPRESA!





Espero nos comentarios que me digades quen nos contou o conto de hoxe e máis o seu título! E sobre todo, que me digades canto vos gustou!! Deixádelle á profe que nos contou o conto algunha mensaxe e lla farei chegar de lindo gusto! Que ganas de vela e que nos siga contando contos así de ben e ensinándonos tantas cousas en inglés!




martes, 26 de mayo de 2020

XEROGLIFEANDO CON PICTOGRAMAS...

Descubrimos os títulos agochados baixo o alfabeto dactilolóxico:
1. LOS CINCO.
2. CARABUÑAS.
3. PIONEIRAS.

Noraboa a tod@s os participantes e velaquí a seguinte proposta: 
descubrir os refráns que se agochan baixo os seguintes pictogramas 
(Pictogramas: ARASAAC).










😄Animámosvos a deixar aquí as vosas respostas 😄

lunes, 25 de mayo de 2020

QUEN É QUEN?

Seguimos a resolver esta incertidume.
Nesta ocasión trátase de dous alumn@s do cole e dunha profe... Fixádevos ben :)
Podedes deixar as vosas respostas no espacio adicado para elo!
🌄FELIZ LUNS!🌄




viernes, 22 de mayo de 2020

E ti.... Que les?

Ola! Hoxe é venres,  é día de recomendacións lectoras do noso alumnado! Temos moitas achegas , polo que estamos moi contentas de que vós  guste tanto ler . 




Liches algún destes libros ? Se  a resposta é si podes deixar a túa opinión nos comentarios. Gustaríanos coñecela. 
Animamos aos pais e nais a participar coas súas recomendacións das súas lecturas favoritas!
Vémonos o vindeiro venres!

jueves, 21 de mayo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Imos coa solución das adiviñas da semana pasada. Algunhas das participantes xa se adiantaron en descubrilo :)
1. O OVO.
2. O BÚHO.
3. O RETRATO.
4. O MEXILLÓN.

Atent@s ás que plantexamos a continuación:

E.I.:Teño agullas pero non sei coser. Teño números, pero non sei ler. As horas dou, ¿Sabes quen son?
1º-2ºE.P.: Canto na beira, vivo na agua, non son peixe e tampouco cigarra.
3º-4º E.P.:Nace no mar, morre no río. Ese é o meu nome, ¡pois vaia qué lío!
5º-6ºE.P.:Arquitecto de montes e de camiños. Especializado en cruzar o río. Detén as aguas con facilidade e nunca o viches na universidade.

Agardamos a vosas respostas :) 


miércoles, 20 de mayo de 2020

CONTOS PARA BAILAR E CANTAR

Ola, ola!

Sabedes xa o que vos boto de menos aquí senlleira pola biblioteca.... Espero que vós tamén me botedes un pouquiño de menos a min e a todos os meus libros!

Sabedes que? Gracias á radio que teño vou pasando os días bailando, cantando.... non me da vergoña porque ninguén me escoita! E hoxe estaba eu encendendo a radio e pensei en compartir con vós algunha canción. Son contos cantados, e como soamente ides escoitar a letra, queda na vosa imaxinación pensar en como son as personaxes: altas, baixas, loiras, morenas, cos ollos grandes e negros, con enormes diademas na cabeza, cun unicorno de mascota ou talvez dous gatos....

A que tiven boa idea?? E vouvos deixar algún enlace para que vós na vosa casa e eu na miña (a biblio) bailemos, cantemos e soñemos con aquilo que máis nos gusta!



A canción das cores

Evaristo, o can

A canción das vogais

Coas miñas mans






martes, 19 de mayo de 2020

XEROGLIFEANDO CO ALFABETO DACTILOLÓXICO

Resolvemos os xeroglíficos da semana pasada, baixo os que se agochaban títulos de obras do autor homenaxeado polas Letras Galegas neste ano, Ricardo Carvalho Calero.

1. AS PITAS BAIXO A CHOIVA.
2. CATRO PEZAS.
3. SCÓRPIO.

A continuación, a proposta para este martes:




🌟Animámosvos a deixar as vosas respostas🌟

lunes, 18 de mayo de 2020

QUEN É QUEN?

Cada LUNS, iremos publicando fotos de alumnos/as e/ou profes do centro. 
A vosa misión será adiviñar de quen se trata... algúns están realmente cambiados 😄
Adicade un tempiño a pensar, a buscar parecidos, fixádevos nos rasgos 💭... e publicade a vosa resposta no recadro de abaixo 👇
🔔COMEZAMOS COAS DÚAS PRIMEIRAS FOTOS. ADIANTE!🔔



viernes, 15 de mayo de 2020

E ti.... que les?

Ola a todos e todas! Iniciamos unha nova   sección  na que publicaremos as recomendacións lectoras que nos enviedes. Hoxe Son Sara e Xandre os que inauguran esta nova  entrada.










 Clica  no enlace para ver o vídeo de Abezoo. Esperamos que vos guste!




Animádevos a enviarnos as vosas recomendacións ao correo : infantil.nantes.elena @gmail.com. Pode participar toda a familia! 

jueves, 14 de mayo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Resolvemos as adiviñas da semana pasada:
1: O CAMALEÓN.
2: A BOLBORETA.
3: O VENTO.
4: O PIOLLO.
Para hoxe propoñemos as seguintes...


E.I.: Branco é, a galiña o pon, con aceite se fríe e con pan se come.
1º-2º E.P.: Sae ao campo polas noites se me queres coñecer, son señor de grandes ollos, cara seria e gran saber. ¿Quen son?
3º-4º E.P.: Se son xove, xove quedo. Se son vello, vello quedo. Teño boca e non che falo. Teño ollos e non te vexo. ¿Quen son?
5º-6º E.P.: En dúas castañolas estou encerrado e ao sacarme do mar póñome colorado.


miércoles, 13 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS


A esta biblioteca fáltalle algo, e non será por libros!!!

Pensando, pensando din coa resposta:
fáltanlle os ollos voraces de lectura dos alumnos e as alumnas; as mans indecisas que non saben que libro coller porque hai dous que lle chiflan e un terceiro que lle gustaría ler; fáltanlle os beizos bisbando e pedindo falar máis baixiño porque estamos nunha biblio pero tamén lle faltan as risas alborotadas que enchen de súpeto o espazo ao escoitar un contacontos.

Así que decidín que se os nenos e as nenas non poden vir visitarme 
pois terei que ir eu ata eles!!!

Nesta semana das Letras achégovos "As pitas baixo a choiva". É un relato breve de Ricardo Carvalho Caleiro que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ao galiñeiro; elas asústanse e, ao final....

Pero que fago??? Se case vos conto o final!!! Mellor vos deixo un enlace a unha adaptación do relato realizada polo CEE Vilagarcía de Arousa 😉

Moitas gracias por compartir esta marabilla compañeiras!



martes, 12 de mayo de 2020

XEROGLIFEANDO CON CARBALLO CALERO...

As solucións dos xeroglíficos exipcios, vinculados a títulos de contos clásicos, propostos a semana pasada son:
1. CAPERUCITA ROJA.
2. EL PATITO FEO.
3. CENICIENTA.
Imos agora a "Xeroglifear" con obras de Carballo Calero.
¡ADIANTE!


jueves, 7 de mayo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Imos comprobar as solucións das adiviñas do pasado xoves...
1. AS ESTRELAS.
2. A ARAÑA.
3. O PATO (sempre acompañado de dúas patas).
4. A ORTIGA.



Para seguir divertíndonos, hoxe, propoñémosvos as seguintes:

E.I:   Non é cama,  nin é león  e desaparece en calquera rincón.

1º e 2º E.P.: Antes oviño, despois capulliño e máis tarde volarei coma un paxariño.¿Sabes quen son?

3º e 4º E.P.: ¿Qué cousa é ?¿Qué cousa é? Que corre moito e non ten pés.

5º e 6º E.P.: Son un animal que camiña coas patas na cabeza.

¡ADIANTE! PODEDES DEIXAR OS VOSOS COMENTARIOS :) 

martes, 5 de mayo de 2020

XEROGLÍFICOS

Invitámosvos a que descubrades que títulos de contos clásicos se agochan debaixo do alfabeto exipcio (fonte: https://discoveringegypt.com/). 
¡DIVERTÍDEVOS!


sábado, 2 de mayo de 2020

2 MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Dende o CEIP PLURILINGÜE NANTES  temos moi claro que na loita contra o acoso e o ciberacoso é moi importante a implicación de toda a comunidade educativa e de toda a sociedade.
Por elo, unha combinación perfecta inclúe CONCIENCIACIÓN, PREVENCIÓN, RESPONSABILIDADE E IMPLICACIÓN.
Deixamos unha serie de curtas que nos leven a reflexión:


Historia de un erizo
No juegues conmigo
El sándwich de Mariana
"Se buscan valientes"