jueves, 2 de abril de 2020

2 de abril: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A diversidade é unha característica intrínseca a todos os grupos humanos; pois cada un, temos un modo de pensar, de sentir, de actuar...💕
Por elo SEMPRE,  e HOXE dun modo especial, pretendemos achegarvos ese sentir; reafirmando os valores de igualdade, respecto, liberdade e pluralidade a través dunha serie de curtometraxes que permitan visualizar a realidade do autismo.💙

💙A través de El viaje de María, coñeceredes o mundo de María dende a óptica do seu pai.
💙 Descubride con "Academia de Especialistas" as habilidades especiais que teñen moit@s dos seus protagonistas.



💙 Podedes coñecer un pouco máis a Lorenzo, o protagonista do conto "El cazo de Lorenzo", os obstáculos cos que se atopa cada día e a forma de superalos e asumilos.
💙 A cor azul trasformouse como símbolo do autismo; azul claro como cando o mar está en calma ou azul escuro como a mar turbulenta.
Animámosvos  a participar na seguinte iniciativa: elaboración dun molinillo de vento azul que poderá decorar as vosas fiestras, aportando así o voso grao de area neste proceso de concienciación e sensibilización.
Soamente tedes que seguir as instruccións que se presentan a continuación:

💙💙💙💙💙💙💙💙💙
  

A  continuación tedes o vídeo que fixemos  coa vosa colaboración. Moitas grazas aos que nos enviachedes as fotos 💙💙💙💙💙💙💙!



No hay comentarios:

Publicar un comentario