jueves, 30 de abril de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...



Presentámosvos as seguintes ADIVIÑAS.
Cada xoves escribiremos as solucións e "colgaremos" outras novas.


1. Somos máis dunha e saímos coa lúa; se te pós a contarnos deixaraste máis dunha.


2. No alto vive, no alto mora, no alto texe a texedora.

3. Cal é o animal que aínda que non quiera sempre vai acompañado de dúas femias?


4. Aínda que pranta verde e débil, ninguén sen temor se arrima, que é o meu roce coma o lume, lume, que ao toque lastima.

¡A PENSAR!

miércoles, 29 de abril de 2020

MAESTRO... Y AHORA QUÉ HAGO?

Deixámosvos a continuación unha divertida historia, chea de humor e creatividade a cal establece ideas fantásticas para pasar o tempo na casa, para perfeccionar nova "habilidades" e botar unhas risas en familia. 
¡DISFRUTÁDEA VALENTES!



Clickade no seguinte enlace para descargar o conto :) 
http://www.triquetaverde.com/wp-content/uploads/2020/04/Maestro.pdf


jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020

Aínda que na distancia, querémosvos acompañar neste Día do Libro con esta fermosa curtametraxe; curtametraxe que fomenta o gusto pola lectura, o valor da mesma e reflexa de forma clara e brillante as incribles aventuras que podemos vivir a través dos libros.
Animámosvos a que sigades as recomendacións subidas onte á páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnantes/, facendo deste Día Do Libro algo máis íntimo.
¡VIVIDE A VOSA PROPIA AVENTURA!


miércoles, 22 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA

Ola, como estades? Hoxe temos unha nova adaptación dunha historia que lles  encanta aos máis pequenos, “ Os tres porquiños”. Simón e Lina  de 3 anos, xunto coa súa nai fixeron o decorado e as persoaxes desta historia. Enviaron tamén as fotos do proceso que podedes ver neste vídeo:



E este foi o resultado. Parabéns polo gran traballo, esperamos que vos animedes a enviarnos máis  historias.



miércoles, 15 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA

Hoxe, compartimos con vós unha adaptación especial do clásico "Carapuchiña Vermella"; unha adaptación que non dubidamos que vos fará rir, un humor tan esencial nestes tempos que nos acompañan.
Temos como narrador principal ao pai de Xandre (4º de Educación Infantil) e Sara (3º Educación Primaria). Cada un aportou o seu graniño de area para a recreación desta historia orixinal e divertida. ¡MOITAS GRAZAS, FAMILIA!



martes, 14 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA

Ola a todos e todas! Despois da Semana Santa, xa estamos de volta! Seguimos cos contos en familia e  hoxe,  temos de novo a Dafne de 3 anos que nos “le” o conto de Carapuchiña Vermella , todo un clásico! Esperamos que vos animedes a seguir enviando os vosos vídeos  e compartades as vosas lecturas favoritas!


viernes, 3 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA

Ola , pouquiño a pouco foron pasando os días e xa estamos na Semana Santa. Hoxe é o turno de Álex de 3 anos. É Lucía, a súa nai, a que nos le un libro moi relacionado co día que celebramos onte, o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, “ Linda , la pequeña jirafa” .
Esperamos que aproveitedes as vacacións  para seguir enviando  as vosas lecturas favoritas, xa temos algunha esperando pola volta! Boas vacacións! 



PARA CANDO TODO ISTO PASE... MAGNÍFICAS IDEAS D@S NOS@S PEQUEN@S!

A partir do conto "El sombrero de las nuevas ideas", propuxemos para @s nen@s de Educación Infantil a representación dos "plans" que teñen unha vez poidan sair da casa, a través do debuxo.
Xurdiron ideas realmente brillantes.
Aquí vos deixamos o vídeo: ¡DISFRUTÁDEO!

jueves, 2 de abril de 2020

2 de abril: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

A diversidade é unha característica intrínseca a todos os grupos humanos; pois cada un, temos un modo de pensar, de sentir, de actuar...💕
Por elo SEMPRE,  e HOXE dun modo especial, pretendemos achegarvos ese sentir; reafirmando os valores de igualdade, respecto, liberdade e pluralidade a través dunha serie de curtometraxes que permitan visualizar a realidade do autismo.💙

💙A través de El viaje de María, coñeceredes o mundo de María dende a óptica do seu pai.
💙 Descubride con "Academia de Especialistas" as habilidades especiais que teñen moit@s dos seus protagonistas.



💙 Podedes coñecer un pouco máis a Lorenzo, o protagonista do conto "El cazo de Lorenzo", os obstáculos cos que se atopa cada día e a forma de superalos e asumilos.
💙 A cor azul trasformouse como símbolo do autismo; azul claro como cando o mar está en calma ou azul escuro como a mar turbulenta.
Animámosvos  a participar na seguinte iniciativa: elaboración dun molinillo de vento azul que poderá decorar as vosas fiestras, aportando así o voso grao de area neste proceso de concienciación e sensibilización.
Soamente tedes que seguir as instruccións que se presentan a continuación:

💙💙💙💙💙💙💙💙💙
  

A  continuación tedes o vídeo que fixemos  coa vosa colaboración. Moitas grazas aos que nos enviachedes as fotos 💙💙💙💙💙💙💙!



miércoles, 1 de abril de 2020

Contos en familia

Olá famílias! Ivån de 1º comparte con tod@s o seu libro “ Tu Alíen”  Parabéns! Esperamos que disfrutedes coa  lectura e que vos animedes  a enviarnos as vosas.