Xa estamos de novo traballando nos diferentes proxectos nos que participamos, un deles é o programa da Fundación Botín: Educación Responsable. Este ano os alumnos e alumnas de cuarto coñeceron a obra da escultora Cristina Iglesias e fixeron unha interpretación das súas esculturas. No vídeo podedes ver o resultado dun trimestre de traballo que recolle moi ben o espírito da obra desta escultora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario