miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Paz

Ola a todos e todas! Hoxe celebramos o Día da Paz  no colexio. Os  nenos e nenas leron  poesías sobre a paz de diferentes autores e, entre todos,  construimos un milladoiro para poñer no xardín coas mensaxes de paz de todos os cursos.







 
 Este foi o vídeo que subimos ás Redes Sociais.

lunes, 28 de enero de 2019

BOOKS!


Ola a todos , nos vídeos tedes dúas novas adquisicións de libros en lingua inglesa. Se te gustan podes atopalos na biblioteca. Hai unha sección de libros en inglés!







Pasabalabra

Hello ! Seguimos co rosco de Pasabalabra, agora en inglés. Publicaremos as tres seguintes letras en Instagram, na páxina da biblioteca en Facebook, Biblio CEIP Plurilingüe Nantes e neste blog. Cando rematemos , publicaremos as solucións. Estade atentos!

D

E


Educación Responsable:REFLEXARTE


Xa estamos de novo traballando nos diferentes proxectos nos que participamos, un deles é o programa da Fundación Botín: Educación Responsable. Este ano os alumnos e alumnas de cuarto coñeceron a obra da escultora Cristina Iglesias e fixeron unha interpretación das súas esculturas. No vídeo podedes ver o resultado dun trimestre de traballo que recolle moi ben o espírito da obra desta escultora.


martes, 22 de enero de 2019

Booktubers


Ola rapaces! Xa tedes aquí a nova recomendación dos  nosos booktubers. Esperamos que vos animedes a ler este libro, sabedes que os podedes atopar  na biblioteca. Pregunta aos voluntarios!

jueves, 17 de enero de 2019

Pasapalabra

Ola a todos e todas !
Empeza Pasapalabra, as alumnas e alumnos de sexto publicarán cada semana dúas palabras novas. Deixa a resposta nos comentarios!



BUXO


ARABIA SAUDÍ/ARXELIA


CATAPLASMA