A recomendación lectora desta semana é O misterio das Badaladas de Xabier P. Docampo con Ilustracións de Xosé Cobas.Este libro contanos a historia duns rapaces que investigarán os fenómenso que están acontecendo co reloxo novo de Eiranova.
ILUSTRADOR: Xosé Cobas
I.S.B.N: 978-84-9914-207-4
IDADE: 11 ANOS
SIPNOSIS:
No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario