A recomendación lectora desta semana é "A MIN NON ME COMAS". A escritora Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.Esperamos que vos guste!!
Título: A min non me comas!
» Escritor/a:
Margarita del Mazo
» Tradutor/a:
Laura Rubio
» Ilustrador:
Vitali Konstantinov
» Ano: 2011
» Xénero: Infantil-Xuvenil
SIPNOSIS:
Era unha noite sen lúa…
O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído
detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse
nun… MONSTRO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario