jueves, 27 de noviembre de 2014

SORPRENDENTEST DE ISMAEL PRIETO MÉNDEZ

¿Lembras quen te ensinou a ler?
Si, meu pai

2. ¿Cal é o teu libro favorito?

"Gerónimo Stilton"

3. Agora estás a ler...
"Problemas en San Valentín"

4. ¿ Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Mortadelo e Filemón , porque é moi gracioso.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Non cambiaría ningún.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.

Para mellorar a lectura é mellor ler un pouco todos os días.

lunes, 24 de noviembre de 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA: A MIN NON ME COMAS

A recomendación lectora desta semana é "A MIN NON ME COMAS". A escritora Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.Esperamos que vos guste!!



Título: A min non me comas! 
» Escritor/a:
   Margarita del Mazo
» Tradutor/a:
   Laura Rubio
» Ilustrador:
   Vitali Konstantinov 

» Ed. OQO,
» Ano: 2011
» Xénero: Infantil-Xuvenil


SIPNOSIS:

Era unha noite sen lúa…

O reloxo daba a UNHA… DONG!

De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído 
detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse 
nun… MONSTRO!













domingo, 23 de noviembre de 2014

sábado, 22 de noviembre de 2014

SORPRENDENTEST DE DANIEL MÉNDEZ AROSA

¿Lembras quen te ensinou a ler?
Si, miña nai.

2. ¿Cal é o teu libro favorito?

"O libro das sombras"

3. Agora estás a ler...
"O libro das sombras"

4. ¿ Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Mortadelo e Filemón porque me fai rir.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Cambiaría o de Pulgariño 

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.

Ler é moi importante!

martes, 18 de noviembre de 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA: MARIZUL QUE SOÑA QUE SOÑA

A recomendación lectora desta semana é  Marizul que soña  que soña de Bernardino Rivadavia & Maurizio A. C. Quarello, onde a protagonista Marizul vivirá experiencias novas, grazas aos estraños seres que vai atopando no camiño dos soños.Esperamos que vos guste!




  • Nº de páginas: 80 págs.
  • Encuadernación: Tapa dura
  • Editorial: OQO EDITORA
  • Lengua: GALEGO
  • ISBN: 9788496573475





SINOPSIS:


Nun reino moi afastado, o rei, que non podía durmir, pídelle auxilio ao mago da corte. Trifón ofrécelle un amorodo encantado, pero por un descoido, Marizul, sobriña do mago, come a froita máxica destinada a curar o insomnio do monarca e entra nun profundo soño…

domingo, 16 de noviembre de 2014

FICHA DE LECTURA DE DAVID MUIÑOS FIGUEROA


Comezamos coas Fichas de Lectura que fan os nenos e nenas ó ler as recomendacións lectoras  que propoñemos neste Blog. David Muiños Figueroa da clase de 6º   traenos esta ficha de lectura do libro " El  caso de la misteriosa epidemia del Profesor". Esperamos que vos guste!







50ºFRASE CÉLEBRE

A frase célebre desta semana é de José Miguel Monzón máis coñecido como "El Gran Wyoming" é un humorista, presentador de televisión, actor,músico, escritor, columnista e médico español. Actualmente é o presentador do programa de televisión "O Intermedio"emitido na sexta. 







viernes, 14 de noviembre de 2014

SORPRENDENTEST DE UXÍA DOMINGUEZ RUEL.

¿Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profesora Inmaculada.

2. ¿Cal é o teu libro favorito?

"Gerónimo Stilton"

3. Agora estás a ler...
"La carrera mas loca del mundo"

4. ¿ Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Caperuchiña vermella , porque é moi divertido.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Non cambiaría ningún.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.

Para mellorar a lectura é mellor ler un pouco todos os días.

martes, 11 de noviembre de 2014

RECOMENDACION LECTORA:A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS

A recomendación lectora desta semana é A princesa que bocexaba a todas horas.
Este libro foi galardoado en 2006 co SEGUNDO PREMIO ÁS MELLORES  ILUSTRACIÓNS na categoría  de Libro Infantil  e Xuvenil, outorgado polo Ministerio de Cultura. Un conto para que os nenos/as aprendan a recoñecer os valores e  a gozar da infancia.
Esperamos que vos guste!!




Nº de páginas: 36 págs.
  • Encuadernación: Tapa dura
  • Editorial: OQO EDITORA
  • Lengua: GALEGO
  • ISBN: 9788496573024
  •  De 9 a 12 años.



SINOPSIS:


A princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban. O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus esforzos eran en balde. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun criado de palacio achegouse á princesa e...

sábado, 8 de noviembre de 2014

49º FRASE CÉLEBRE




A frase célebre desta semana é de  Jaime Balmes,un filósofo, teólogo e político catalán. As obras máis coñecidas son:"El criterio" e "El protestantismo comparado"
Esperamos que vos guste!





jueves, 6 de noviembre de 2014

SORPRENDENTEST DE:MANUEL ALEXANDER CHAN RADÍO

¿Lembras quen te ensinou a ler?
Si, a profesora Elena.

2. ¿Cal é o teu libro favorito?

"Batman"

3. Agora estás a ler...
"Batman"

4. ¿ Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Batman, porque ten aventura e emoción.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
 Non cambiaría ningún en especial.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.

Ler todos os días un pouco.