Como ben sabedes, acércase o día das LETRAS GALEGAS , por iso, o día 16 de Maio teremos a representación teatral da obra de Miro Magariños "XIGANTES" ésta, é unha versión do libro Os xigantes de nunca acabar de Ana María Fernández e Xoán Babarro que é a nosa recomendación lectora desta semana.Esperamos que vos guste!!!!!!!!!!!!!
Autor: Ana María Fernández, Xoán babarro
Ilustrador: Irene Fra Gálvez
Editorial SM
Colección : Barco de Vapor azul
Sinopsis
Os tres xigantes superliantes pasaban o ano discutindo por ver cál deles puña máis medo á xente. Pero un día, chega Trampolín, o ananiño contador de historias, e todo cambia. Unha fábula sobre o valor da amizade contada con humor e tenrura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario