miércoles, 23 de octubre de 2013

SORPRENDENTEST DE... JUAN CARLOS PINTOS CAMIÑA

A pista para resolver o Sorprendentest era moi sinxela.
Simplemente tiñades que pensar na realeza... Como se chama o rei de España?... JUAN CARLOS non????

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora Elena.

2. Cal é o teu libro favorito?
Miguel Strogoff.

3. Agora estás a ler...
El diario de Greg.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
O Rei León, porque é moi entretido e ao final Simbad derrota a Sky.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
O Rei León, xa  que me gustaría que non morrera Mufasa.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Ler é moi bo e entretido; podes pasar o tempo lendo sen darte conta.

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:

R   T    A    A    M    N    A    A 

2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Tes toda a razón!!! A próxima pista será un pouco máis complicada.
      Grazas polo comentario.
      Sorpresiña;)

      Eliminar