jueves, 31 de octubre de 2013

SORPRENDENTEST DE... AMARANTA RIAL ABILLEIRA

A pista para resolver o Sorprendentest era moi sinxela.
Simplemente tiñades que ordenar as letras para dar co nome. Fácil non??????? Amaranta comparte esta semana no blog os seus gustos pola lectura.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora Elena.

2. Cal é o teu libro favorito?
O diario de Greg.

3. Agora estás a ler...
El diario de Greg.  

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
Mondragó, porque ocorren moitas aventuras e é moi gracioso.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
Moitos, non sei cal...

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Ler é moi interesante, moi divertido e vives moitas aventuras.

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:
A SÚA PAIXÓN É O FÚTBOL.
O NOME QUE BUSCADES ESTÁ NAS "MUELAS".

martes, 29 de octubre de 2013

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Aquí tedes un montón de actividades para pasar uns días terroríficos do máis divertidos. 

FELIZ SAMAÍN!   HAPPY HALLOWEEN!

 
Debuxos para imprimir e colorear
 

                                                       

lunes, 28 de octubre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Como xa vos dixen a semana pasada, coa chegada do Samaín acércase o tempo das tradicións e do medo. Por iso hoxe recoméndovos un conto onde o protagonista leva un bo escarmento... 
Botádelle unha ollada aos enlaces!!!

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
Ana García Castellano / Mikel Mardones
Editorial OQO (ano 2009)
(a partir de 4 anos)
Sinopse: Antes me leven as almas en pena, que darvos un figo da miña figueira! 
Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.

ou
preme en "play" para ver a representación

viernes, 25 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS: ANXO MOURE VISITA O COLE!!!

O día 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas


Por este motivo, hoxe recibimos unha visita moi especial na Biblioteca de Sorpresiña.

Anxo Moure, autor do conto O carballo con botas, fixo as delicias de todo o alumnado e do profesorado grazas á maxia dos seus contos solidarios. 
Imaxinación, alegría e preciosas historias serviron para transmitir o amor pola natureza e a necesidade de respectar o mundo que nos rodea.


Coñece mellor a Anxo Moure entrando nos seguintes enlaces:
 
 

Nuns días poderedes ver as fotos deste fantástico día. Feliz fin de semana!!!

23.ª FRASE CÉLEBRE


Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora”.  Proverbio Hindú

miércoles, 23 de octubre de 2013

SORPRENDENTEST DE... JUAN CARLOS PINTOS CAMIÑA

A pista para resolver o Sorprendentest era moi sinxela.
Simplemente tiñades que pensar na realeza... Como se chama o rei de España?... JUAN CARLOS non????

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora Elena.

2. Cal é o teu libro favorito?
Miguel Strogoff.

3. Agora estás a ler...
El diario de Greg.

4. Cal é o conto clásico que máis che gusta? Por que?
O Rei León, porque é moi entretido e ao final Simbad derrota a Sky.

5. Se puideses cambiar un conto, cal sería e que lle cambiarías? (o final, os personaxes, o lugar…)
O Rei León, xa  que me gustaría que non morrera Mufasa.

6. Para rematar, dános un consello relacionado coa lectura.
Ler é moi bo e entretido; podes pasar o tempo lendo sen darte conta.

Queredes saber quen fará o Sorprendentest a vindeira semana? Seguro que si, así que aquí tedes a pista:

R   T    A    A    M    N    A    A 

lunes, 21 de octubre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: A BRUXA REGAÑADENTES


Chegou o outono, e con el o tempo da vendima, das castañas e das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é un tempo de tradicións e sobre todo de medo, de moito medooooooooooooooooooooo. 
Preparádevos para a chegada do Samaín!!!

A BRUXA REGAÑADENTES.  
Tina Meroto / Maurizio A.C. Quarello 
Editorial OQO
(A partir de 4 anos)
Sinopsis: Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…
 Non vos perdades esta fantástica película!!!

                    

viernes, 18 de octubre de 2013

22.ª FRASE CÉLEBRE

Despedimos esta chuviosa semana cunha bonita frase.
Antes de despedirme, propóñovos dúas preguntas:
         -  Que sería dos libros sen persoas para lelos? 
         -  Que sería das persoas sen libros para ler? 
A pensar!!!
 
Ante ciertos libros, uno se pregunta: ¿quién los leerá? Y ante ciertas personas uno se pregunta: ¿qué leerán? Y al fin, libros y personas se encuentran. André Guide (escritor francés)

martes, 15 de octubre de 2013

VOLVEN OS SORPRENDENTEST!!!

A vindeira semana comezaremos a publicar os novos Sorprendentest.

Queredes saber quen será o primeir@ en contestar ás preguntas de Sorpresiña? Pois... aí vai a pista!

O SEU NOME É O MÁIS "REAL".

Agardo os vosos comentarios.
Ata pronto :)

lunes, 14 de octubre de 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA: EL TESORO DE LA ISLA DEL PIRATA CALAVERA

Hoxe recoméndovos un conto moi atractivo, elaborado en pop up, que invita a converterse en pirata e buscar o tesouro que Calavera escondeu  na súa illa. Para elo, deberedes enfrentarvos a numerosos perigos. Atrevédesvos?

EL TESORO DE LA ISLA DEL PIRATA CALAVERA
Martin Taylor/Duncan Smith
Editorial Combel
(A partir de 3 años)
Sinopsis: Antes de morir, el capitán Calavera escondió su tesoro en una isla. Ahora los demás piratas lo quieren recuperar con la ayuda de un mapa pero, ¡atención!, a lo largo del camino se esconden criaturas temibles. Un libro lleno de aventuras y personajes espeluznantes que aparecen entre las páginas de este libro.   
 
Déixovos un pequeno vídeo do conto que encontrei en YouTube. Espero que vos guste!!!
    

viernes, 11 de octubre de 2013

21.ª FRASE CÉLEBRE

Ola a tod@s!
Que ganas de comezar as frases célebres!!!
Xa que este ano imos adicar as actividades da Biblioteca ao mundo do cómic, que mellor que comezar cunha frase dun dos personaxes de cómic máis peculiares?

Mafalda é a encargada. Prestade atención!!!

jueves, 3 de octubre de 2013

O CÓMIC

Xa temos un novo proxecto para traballar este curso dende a Biblioteca.
 
O novo PDI titúlase "O cómic".
 




Astérix, Obélix,
Mortadelo, Filemón, Zipi, Zape, Batman,
Superman e moitos máis personaxes acompañarannos durante todo o curso.




Pouco a pouco iremos descubrindo as actividades que estamos a preparar!!!

Se tedes algunha proposta, non dubidedes en deixar un comentario.